300, cando a pantalla se volve cómic

O meu destete emocional na banda deseñada foi 300, a novela gráfica que debuxou Frank Miller en 1998 e que recrea a defensa espartana do Paso das Termópilas fronte ao exército invasor persa, no 489 a.C. Foi a primeira novela gráfica que lin, e se é certo que as primeiras lecturas orientan ás posteriores, podo dicir que desde entón todas as miñas incursións no cómic son unha comparación inconsciente co meu primeiro baño real de arte secuencial. Agora, o director Zack Snyder presenta a versión cinematográfica de 300; abundan na web xa comparativas entre as imaxes da película e os orixinais de Miller. En xeral, a produción parece bastante fiel. Xulga por ti mesmo. Estará nos cines o ano que vén.

2 Comments

  1. 24 / Outubro/ 2006

    ¡Ostras, Pedrín! ¿Non me digas que comezaches por 300? Logo comezaches moi tarde… agardo que no traxecto zamparas Sin City, V de Vendetta, Watchmen, Born Again e algo de Batman… se non é así, avisa, que iso hai que remedialo ;O)

  2. 24 / Outubro/ 2006

    Si, así de tarde comecei: despois xa percorrín esoutras páxinas, e desde logo que está a ser unha estupenda viaxe!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará