Tralo ronsel de Simbad en Los árabes del mar, de Jordi Esteva

arabes_del_mar_2.jpg

Aventureiro incansábel, Jordi Esteva propón no seu libro de viaxes Los Árabes del Mar unha viaxe a un territorio que está a medio camiño entre a imaxinación da infancia e o ocaso dun mundo e un estilo de vida, o das viaxes de Simbad, a civilización musulmana do Índico, comerciantes entre Ormuz, Zanzíbar, a India e China, “fillos do monzón”. En dúas viaxes, Esteva percorre as costas de Arabia na busca de mariños, cidades ruinosas e anacos de memoria. O resultado é unha sinfonía de arrecendos e cheiros, de longos relatos contados nos salóns das casa, de año con cuscús, rituais de benvida e nostalxia. Na primeira visita, no ano 1977, Esteva comeza na poeirenta Khartum; despois salta xa a Arabia e percorre as costas de Omán.

arabes_del_mar.jpg
Na segunda visita procurará as trazas do antigo Imperio omaní na costa oriental africana, en Zanzíbar e nas outras cidades fundadas polos comerciantes árabes e os escravistas. O libro é puro oriente, interpretado con intelixencia e unha comprensión ampla dos fenómenos. Gústame tamén o equilibrio do libro, entre a etnografía, a novela e o intimismo que vai transformando a Esteva; a axeitada percepción persoal e subxectiva do viaxeiro ante o que se atopa presentada en colaboración coa documentación necesaria para poder explicala. Como crítica, se cadra a súa enorme estensión: dilatado como unha alfombra de corredor. Cando Esteva retorna, no 2002, ese mundo xa se esfarela nas mans, e só pertence á melancolía e ao pasado. Onde sempre habitou no noso imaxinario occidental.

One Comment

  1. 22 / Xullo/ 2007

    Buenos días, soy el autor de la fotografía, y no se me ha pedido permiso para ponerla, dado que es un blog te daré permiso si colocas un enlace. En caso contrario te ruego que no pongas mi foto, gracias

    Hello, I am the author of the photography, and permission has not been asked me to put it, provided that it is a blog I will give you permission if you place a link. In opposite case I ask you not to use my photo, thanks

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará