Santiago Roncagliolo na Semente RSS da semana

ronc.jpgO escritor peruano Santiago Roncagliolo é un dos máis frescos autores da narrativa en español. Aínda estou pendente de lerme Abril Rojo, Premio Alfaguara 2006, unha novela negra co transfondo político da organización terrorista peruana Sendero Luminoso que me chama todos os días desde os andeis das librerías polas que paso. Entrementres, estou enganchado ao seu blog en El Boomeran. Este rapaz -aínda que naceu no 75, así parece que tamén eu son novo- ten un talento literario innato e, sobre todo, ten mirada, que a min me parece o máis importante. Saltou de Lima a Madrid, e de Madrid a Barcelona, onde vive a súa moza. E observa o primeiro mundo con agudeza, humor e ollos novos: gústame o seu estilo sinxelo e nada pretencioso. Este verán realizou unha xira literaria de presentación do premio Alfaguara por América Latina: parte da xira fíxose nas cadeas peruanas nas que están confinados os presos terroristas que inspiraron as personaxes de Abril Rojo. As tres crónicas carcelarias que escribiu en agosto provocáronme absoluto entusiasmo:

Entre mujeres

El Rey Midas

Un ángel en el infierno

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará