Titan: a primeira visión dun mundo

Last updated on 15 / Setembro/ 2006


Fonte: ESA

Con frecuencia, os grandes acontecementos teñen humildes filmacións. O 14 de xaneiro do ano 2005, ás once e media da mañá, o módulo Huyguens da sonda Cassiny-Huygens, financiada e construída en gran medida por Europa, superaba a densa capa de nubes da atmósfera de Titán e aterraba sobre a pedrugallenta superficie do satélite. Desde logo, non era a primeira vez que un aparello humano conseguía chegar a outro corpo celeste, pero si a primeira vez na que non se sabía que había alí abaixo, tras esa densa capa que tapaba a observación dos nosos telescopios. Antes da aterraxe dos Apolos na Lúa, a astronomía xa mapeara e dera nome a toda a superficie lunar. Outro tanto acontecía coa superficie marciana, explorada metro a metro polos científicos dende a distancia dos observatorios e laboratorios. Pero sobre Titán só se intuían cousas: esta animación producida pola Axencia Espacial Europea, combinando imaxe real e simulación, en realidade, así de humildemente, é a gravación da primeira vez que o ser humano se asoma a un mundo totalmente descoñecido para el. Grazas, Xurxo, por amosarmo!

(Post-post: Non te perdas a sombra do paracaídas vendo como cae ao final da aterraxe -detalle que engade emoción. E aquí hai máis multimedia da sonda)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará