Discos duros externos que reproducen películas no teu televisor

conceptronic_player.jpg

Estaba buscando un disco duro externo para manter copias de seguridade das miñas fotos e videos persoais na casa e ao final optei por unha solución coa que quedei encantado, e que posteo aquí por se che interesa. Trátase dos discos duros que vende Conceptronic na súa serie serie Grab n’go. Aparte das clásicas funcións de almacenaxe de datos, estes dispositivos teñen outra interesante característica: reproducen ficheiros multimedia na televisión sen precisar do ordenador. É dicir, vídeos que estean en DivX, Xvid -o meu formato preferido-, AVI, etc., imaxes nos principais formatos (JPEG, TIFF…) e audio (mp3, etc.). Para facelo, empregan unha saída de vídeo composto que se conecta directamente ao euroconector da TV. O resultado é fantástico: o reprodutor funciona moi ben e ti dispós dun mando a distancia co que controlas a navegación e o avance nas películas. É bastante pequeno e lixeiro, como para levares contigo onde o precises. O meu valeu 170 euros, pero a versión nova, que agora está sobre os 180-190, ten tamén lector de tarxetas e 300 Gbs de capacidade.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará