Mar de Ardora, en Cabana: pois a min non me gustou nada

Last updated on 14 / Setembro/ 2009

Así, para que quede claro desde o principio e non nos chamemos a engano. Xa o digo así porque o restaurante Mar de Ardora ten unha fantástica boa prensa, unha cantidade de boas recomendacións orais e mesmo cibernéticas, neste blog (grazas, Félix!), tantas que, persoalmente, dáme un pouco de reparo ir a contracorrente. Así que cando un vai por alí espera algo. Xa non digo todo, digo algo. O restaurante está nun contorno privilexiado, cun comedor aberto á fermosa lingua de area que deixa a desembocadura do Anllóns ao confundirse co mar na ría de Corme. Tras informarnos, atopamos que se destacaba que era cociña galega con “toques de autor” e “unha selecta bodega de máis de cen referencias”. O resultado foi tan decepcionante pola nosa parte como pretencioso pola súa. Trátase dun establecemento no que os prezos están moi por riba de todo o que se ofrece e como se ofrece. Un prezo non se pode construír sobre unhas vistas ou fotos, senón que é unha suma equilibrada e proporcionada entre atención e calidade do produto. Non será o primeiro nin o último que faga esta xogada na costa galega, onde se confunde con facilidade prezo con alto nivel gastronómico saltándose todo o resto dos pasos do proceso. Os restaurantes con pretensións falsas elevan os prezos pero descoidan os aspectos elementais da arte de dar de comer: o servizo esmerado, o equilibrio, a calidade, a noción da comida como unha festa rítmica.

Déixoche a descrición da comida da man de Cocinalia, que fixo outro post sobre o lugar. Eu paso para adentro a contarche a experiencia vital. Uf.

Así que entramos, e xa vimos un montón de fotos do propietario con famosos. Um. Si, esta é unha manía miña que actúa coma os dedos con reúma avisando do mal tempo. Cando vexo a señores que saen na tele xunto ao dono do restaurante, sei que vou saír sableado no económico e frustrado no anímico. Amigos, amigas, é un consello que case nunca falla e, desgrazadamente, neste caso volveuse cumprir inexorábel como unha profecía de Ezequiel. Despois preguntamos por se habería algunha mesa con vistas ao mar.

-Para ter unha desas mesas hai que reservar con días de antelación -díxonos euforicamente o propietario.

Uuuuum. Cuidao. Eu chamara ás nove da mañá para reservar: teoricamente, tomáronme a reserva pero ao chegar alí, polo que nos tiveron esperando aboiados entre os comedores, decateime de que me ignoraran tan cediño. Así que nos propuxeron subir a un sobrado baleiro e nos amosaron unha mesa cunha fermosa vista sobre un alpendre ruinoso. Menciono este detalle porque, do lado contrario, había unha mesa baleira cunha xanela que daba ao mar, e porque despois chegaron outros seis comensais sen aparente reserva aos que lle prepararon alí o servizo sen problemas. Nós eramos catro. Uuuuuuum. Sentámonos e agardamos pacientemente vinte e pico minutos (eran as tres da tarde) ata que nos viñeron atender. Deixáronnos tres cartas de menú (para catro) (sen a carta de viños) e vimos o que se ofrecía: unha oferta conservadora de restaurante de mar con pretendidos toques modernos (¿gulas?¿brocheta?¿salmón?). Os prezos tamén eran modernísimos: entre 18 e 20 euros por prato (!!!) ¿Estabamos en Arzak? Anticípocho: non. Agardamos outros vinte minutos ata que volveron subir o sobrado e nos tomaron nota.

-¿E de beber?
-Viño.

Produciuse un incómodo silenzo e o propietario mirounos un por un, sen reaccionar, como sopesando algo.

-¿Traio unha carta?
-Por exemplo -contestei sen entender nada. Uuuuum.

A carta de viños era ampla, pero nada do outro mundo. Era como unha transcrición da zona de viños do supermercado de Hipercor: o que un espera atopar, con diferentes niveis de prezos e sen ofrecer nada novo, que fale da selección do sumiller. Só o salvaba a sorpresa da selección de viños doces para postre, bastante inusual nas cartas do país. Escollimos un Pedro de Soutomaior Neve Carbónica. Cando nolo trouxo, o propietario comezou a descorchalo e, de súpeto, levouno para outra mesa para ensinarllo a outros comensais. Logo, tróuxonos de volta a nosa botella viaxeira. Así que nos dimos á bebida.

Cos pratos volveron tomarse o seu tempo e eran extremadamente normais: as guarnicións repetíanse de prato a prato. Eu tomei unha pescada con gulas e salmón que prometía: pero a pescada era simplemente iso, nin máis nin menos, e non especialmente fresca; as gulas eran de La Gula del Norte ¿como se poden incorporar a un plato de cociña de autor? Dirasme ¿e por que raio pediches pescada con gulas? Pois porque estaba convencido de que non ía ser así, que non ían ter o morro… Ah, había tamén unhas patacas cocidas de caldeirada e un tomate cherry. Ah, e unha pequena loncha de salmón afumado. Pensen que falamos de 18 euros de prato. Outro prezo: dous langostinos e dous cachos de rape ensartados nunha brocheta e con patacas cocidas de caldeirada e un tomate cherry (¿sóache?) outros 18 ou 20 euros. Era impresionante a cara das dúas que o probaron. Saímos ás seis da tarde de alí (tres horas despois) co estómago desacompasado e a sensación de que algo non fora ben nesta historia.

Grazas, de todos os xeitos, a Félix, que mo recomendou. Sempre está ben probar sitios novos. :-)

34 Comments

  1. Ramom Nogueria
    11 / Setembro/ 2006

    ufffffff penoso.
    nos reservaramos , e cando chegamos esperamos a que nos atenderan.
    misse en scène un desastre e a profesionalidade inexistente.
    a comida un fiasco, normaliña tirando a restaurante de camioneiro, e a relacion calidade-prezo case de denuncia por estafa.
    parecen segui-la tactica do “cliente como enemigo2 que diria un amigo meu, tan a moda en moitos sitios cando consiguen darse a coñecer e ter unha minima reputacion. non repetir nin probar… a non ser que a un lle guste o sadomaso.

  2. 12 / Setembro/ 2006

    Eu non diría tanto como restaurante de camioneiro, pero eu non son ningunha crítica gastronómica. Agora hai como un par de anos que non vou por alí, vexo que a carta non cambiou, ou se o fixo foi só nos prezos. Nos tres anos anteriores fun en varias ocasións, cada vez era máis caro, e o propietario cada vez menos amable, vese que o de ter éxito resta simpatía, daquela non había fotos con famosos nas paredes.
    Conclusión, non volvín.

  3. 12 / Setembro/ 2006

    X, é que eu estou convencido de que a época máis complicada dun restaurante son neses dous ou tres anos de abrir, cando o ruxe-ruxe comeza a traerche caras novas a diario. Hai que ter a cabeza moi fría e esmerarse aínda máis no servizo, porque estás baixo lupa. Podo comprender un incremento de prezos (aínda que o meu peto non), pero sempre que vaia acompañado de melloras de todo tipo, na comida e no servizo. Subir porque si é nefasto, e coñezo moitos restaurantes que acabaron por pagalo en pouco tempo.

  4. 13 / Setembro/ 2006

    O problema é de profesionalidade e de plantexamento do negocio. Os verdadeiros profesionais apostan para o futuro. Os negociantes buscan o maior rendemento no menor tempo posible, e no mundo da restauración hai moito socio-capitalista ao que non lle importa queimar un local se en pouco tempo saca un bo rendemento. Queimado o sitio traslada o investimento e volve a comezar o negocio rápido.
    Os bos profesionais traballan como negros pensando nun futuro a longo plazo.
    Habería que pensar se Mar de Ardora responde a algún destes tipos… ou pasa algo máis.

  5. 13 / Setembro/ 2006

    Si, Miguel, iso é moi típico en Madrid, por exemplo, onde a especulación gastronómica e un mercado moi competitivo impide consolidar moitos establecementos que precisan un tempo para seren comprendidos…O que me dá mágoa é que na Costa da Morte fan falta establecementos de calidade e referencia para construír un novo turismo de calidade e tamén para a propia dignificación da zona. Haberá que esperar pola seguinte.

  6. 18 / Setembro/ 2006

    Por desgracia estas cousas pasan con demasiada frecuencia por este paisiño. En fin, paciencia e a seguir probando.

    E aí vai unha opción para unha nova incursión gastronómica: hotel-restaurante Punta de Couso (Couso, Aguiño). Estiveron os meus pais este fin de semana e falan bastante ben. En comparación co que hai pola zona, claro. Cociñeiro francés, cociña básicamente de peixe baseada na oferta da lonxa, algúns pratos de toda a vida, algo de cociña francesa para variar, carta de viños breve pero correcta e prezos medios entre 25-28 euros: bogavante tres coccións, mexillóns con nata e ribeiro, ovos 5 minutos recheos de caviar fresco de erizo, solombo ó foie con oporto… Non está mal para Couso ¿non?

    http://www.puntacouso.com

  7. 18 / Setembro/ 2006

    Pois ten unha pintaza, Gourmet. Queda anotado.

  8. rafinha
    2 / Outubro/ 2006

    Eu teño a miña opinión deste restaurante -moi boa por certo- pero non me vexo capacitado para xulgar a ninguén, e eso que “sólo” teño 7 anos de estudios na profesión e 15 anos de profesional no sector en varios dos mellores sitios de Galicia. Só os profesionais de hostalaría sabemos o que costar sacar adiante un restaurante, e moito mais sendo tan atrevido coma o Mar de Ardora nunha zona na que foi pioneiro, e ata “bicho raro” polo ben que pretendiu facelo fronte o nefasto estado do sector na zona.Todos os que coñecemos o tema dixemos -con perdón- ¡que güevos lle bota montar esto en Canduas!. E lamentable que calquera persoa, de forma anónima e cobarde, a través de internet poda intentar botar abaixo o traballo de toda unha vida. Trátase dos famosos aspirantes a “críticos gastronómicos”, unha “profesión” moi de moda. ¿por qué non “críticos de bancos” ou de avogados, ou de notarios (eses si que abusan),ou de….. esto so pasa coa hostalaría. Todos queren ser da guía Michelin. Eu digo: O QUE NON PODA SAÍR QUE QUEDE NA CASA. Manolo e Marisol fixeron unha aposta moi arriesgada nunha zona denostada e sairon adiante. Noraboa e a seguir adiante.
    Rafinha. Un crítico dos “aspirantes a críticos gastronómicos”
    PD. Eu estaba no restaurante o día que unha parella fotografiaba os pratos mentras comían e sacaron tamén esa foto a Manolo de espaldas dende a mesa do sobrado. Podían poñer tamén unha foto súa para que todos vexamos quen son os sres. licenciados gastrónomos.

  9. 3 / Outubro/ 2006

    Rafinha, cando dis “E lamentable que calquera persoa, de forma anónima e cobarde, a través de internet poda intentar botar abaixo o traballo de toda unha vida” supoño non te refires a este blog, que ten nome, apelidos e mesmo dominio de seu. Se miras na esquina superior dereita da páxina poderás comprobalo. Se cadra coa presa non te fixaches, pero nesta casa as críticas (e as louvanzas) fanse á cara e sen rubor. Se cadra será tamén polas presas que non puxeches nin teu apelido nin o teu correo electrónico, quedándote o comentario tan anónimo como iso que denuncias. Aaaaaiii. Esa é a diferencia.

    ¿Xulgar a un restaurante? Por suposto. En primeiro lugar, porque é un establecemento público. En segundo lugar, e máis importante, porque pago polo servizo que me prestan. Non sei se son crítico gastronómico ou aprendiz de tal cousa, pero si sei que son, sobre todo, un consumidor: e gústame contarlle o que vexo a outros consumidores.

    En concreto, como expliquei no post, un desfase vertixinoso entre calidade e prezo e un servicio que deixa moito de desexar. Fun a ese lugar con bastante ilusión, e se cadra polas razóns que ti dicías, xa que me comentaran que era unha aposta de calidade nun contorno difícil. E eu creo nesas Se cadra así foi nun tempo, cando había menos restaurantes, ou cando a xente era menos viaxada, ou calaba por esnobismo. Eu creo que os tempos cambiaron e os consumidores temos algo que dicir ao respecto.

  10. rafinha
    4 / Outubro/ 2006

    Cando me refiro a calquera de forma anónima, non falo so de vostede en concreto, senón de que desgraciadamente calquera pode escribir neste blog de forma anónima, a partir da súa desmesurada crítica incial. Pero iso e o de menos. O importante e que sigo pensando que vostedes, os que pretenden ser “críticos gastronómicos” non son conscientes do dano que lle poden facer a un negocio, no que a xente pode ter empregado parte da sua vida, e seguramente arriesgado o seu propio patrimonio. Todo porque vostede tivo a mala sorte de ir un mal día. Eu persoalmente, se non me gusta dígollo persoalmente a persoa interesada no momento en que tou recibindo un servicio que non me guste e se o considero non volvo mais. Pero pode pasar que o que a min non me guste lle guste o resto do mundo, por iso non me vexo capacitado para xulgar obxetivamente a ninguén, é menos difundilo gratuitamente -e iso que no meu caso particular si teño coñecementos na materia para facelo-. E moi facil facer un blog destes e tentar queimar a calquera, e por moito que o seu nome figure aquí, non deixa de ser de xeito anónimo, para o meu modo de ver.
    Por certo. O meu mail si figura, foi vostede o que non se fixou. De todolos xeitos non teño interese en que vostede poda acceder a él. Con respecto o apelido, non creo que vostede sexa nadie para pedirmo, nin eu teña obriga de darllo.
    Teño un amigo que ten un restaurante que pon na porta: “Abstenerse críticos gastronómicos y periodistas de poca monta”……vaille moi ben, por certo.

  11. 4 / Outubro/ 2006

    Non podo evitar, azuzado por Manolo (gracias), entrar no debate. Co que a min me gusta este tema, sobre o que teño escrito non hai moito.

    En fin, creo que a estas alturas da película as fronteiras entre clientes con opinión e críticos (máis ou menos esporádicos) están a esvaecerse a marchas forzadas. A proba está en que moi poucos clientes potenciais teñen na casa a Guía Michelin ou a Gourmetour, pero cada vez mais consultan blogs antes de sair a comer fora. Algo quererá dicir esa tendencia.

    A ventaxa deste novo enfoque é a pluralidade de opinións e puntos de vista: cada un conta a feira según lle foi nela e o lector é quen ten que recompilar información de varias fontes ou buscarse aquelas que lle merecen máis confianza. Cando acudimos ás guías convencionais falta esa pluralidade perspectiva. Todas, mesmo as máis célebres, teñen un enfoque e unha liña moi marcada. Rara vez atoparemos, por exemplo, un magnífico restaurante de cociña tradicional na Guía Michelín, por exemplo. E nesa guía sempre se lle prestará máis atención á bodega do establecemento que á decoración. Son detalles que fan que, ó final, todos saibamos pouco máis ou menos como poñería esa guía a determinado restaurante.

    A desventaxa é que, efectivamente, ás veces xente sen criterio pode opinar e emitir un xuizo sen moita perspectiva. Pero aí é onde entra o lector, que é o que ten que seleccionar as súas fontes de confianza. É como naquel anuncio: buscas, comparas e se atopas algo mellor…

    Amigo Rafinha, sen dúbida despois dos máis de 20 anos de experiencia na profesión tes unha perspectiva sólida e teño a certeza de que coñeces infinitamente mellor ca min os pormenores e as dificultades da hostelería e a restauración. Pero iso non invalida o meu xuizo crítico, xurdido doutro punto de vista, persoal e baseado na miña experiencia. Iso é o que fai (o que debe facer) un crítico. Podes estar máis ou menos de acordo e pode ter máis ou menos validez (cuestión un tanto difícil de delimitar, por outra banda), pero igual que antes dabas a túa opinión ós teus amigos na barra dun bar e a oían catro, agora a podes dar no teu blog e a poden ler ducias de miles. E quen o lea e lle dea crédito saberá os motivos que o levan a facelo. Libremente decidiron ler esa opinión e tela en conta.

    En calquera caso a opinión é libre ¿Ou é que por ser desfavorable non pode darse a coñecer?. Pregúntome se no caso de que a crítica que deu pé á túa airada resposta tivera sido abertamente positiva a túa réplica sería igual de encendida ¿Pensarías tamén nese caso que os críticos (profesionais, amateurs, a tempo parcial…) non teñen dereito a dar a súa opinión? ¿Ou so a poden dar se é boa (e nese caso ¿cal é boa, a que coincida coa túa ou calquera que poña ben algún sitio, mesmo aqueles que ti detestes?).

    Por último pensa que nas críticas negativas, sobre todo se non son puntuais e illadas, algo de responsabilidade ten que ter o propietario do local que se critica. Se o lugar fose impecable e a súa oferta estupenda o máis habitual serían as críticas positivas ¿Non concordas?

    En fin, un tema peliagudo que me nego a liquidar nun comment (longo de mais, iso si, pero un comment, en definitiva). Volverei sobre o asunto no meu blog.

  12. María
    6 / Outubro/ 2006

    Yo también comí allí hace poco y fatal, carísimo, y muy lentos.

  13. 8 / Outubro/ 2006

    Soy amante de la buena cocina y con gusto me desplazo muchos km,solo por descubrir un sitio con buena mesa.Dentro y fuera del pais.No soy crítica ni periodista,soy cliente,y pago y eso me da derecho a opinar.
    Si he comido en un restaurante con dos estrellas michelin donde he tocado el cielo con la lengua y me sale mas barato que Mar de Ardora ,obviamente con todo el criterio del mundo puedo decir que este sitio no es bueno.
    El espacio y el entorno esta bien (si se mira para el mar,la carretera es otra cosa),pero el servicio y la comida es malo. Me parecio un sitio que tal vez en su momento fue bueno y vive de rentas,la comida es pretenciosa y los platos tienen un precio excesivo y la carta de vino es muy normal, muy clásica

  14. 15 / Outubro/ 2006

    “rafinha” chamome Ramom Nogueira, teño nomes e apelidos, e son perfectamente identificable.
    Non son aspirante a critico gastronomico nin teño accions en nengun restaurante, pero como cliente, pago, exixo e opino.
    critico o que esta mal e dou os meus parabens o que esta ben.
    obviamente a epoca de estafar a xente e dar gato por lebre esta cambiando ainda que a moitos lles pese, o mercado premia aos bos profesionais i elimina aos maos.

  15. Anónimo
    4 / Xaneiro/ 2007

    EU ESTIVEN NO MAR DE ARDORA E OPINO QUE ,MOI BOA PRESENTACION , MOI BO SERVIZO E ATENCION ,HAI QUE SABER VALORAR MELLOR AS COUSAS ,PENSO…. POR QUE H AI POUCOS RESTAURANTES POR ESA ZONA QUE ESTEN TAN BEN CUALIFICADOS E OS PREZOS NON ME PARECEN TAN EXASERADOS.UN SAUDO A MARISOL E MANOLO.

  16. un cliente
    6 / Xaneiro/ 2007

    Mi opiniòn como cliente de Mar de Ardora ; me gusta mucho y me parece un gran restaurante , Manuel me ha atendido siempre con un esmero que por desgracia es muy difìcil de encontrar . Me gusta mucho su cocina y lo veo como un profesional que sabe tratar al cliente , teniendo siempre algo especial . Recomendable , en mi modesta opiniòn …y a un precio que muchas personas pagan por comerse alguna churrascada fuera de punto en locales masificados .

  17. clienta
    15 / Maio/ 2007

    Como clienta do Mar de Ardora deixo a miña modesta opinión (sin ánimo de ofender a nadie): o servicio é lento, e non é de estrañar debido a que só conta con dous camareiros; no verán cando se enche de xente o restaurante non destaca pola calidade dos seus pratos, na vez que eu estiven alí un prato de pescado estaba un pouco cru. O dono é antipático, carácter que non concorda coa atención ó público.

    Sin nada máis que dicir, un saúdo a toda a Costa da Morte

  18. MARI CARMEN
    2 / Agosto/ 2007

    Eu son cliente do Mar de Ardore, e se ben é verdade que o servicio deixa bastante que desexar, e os precios podían ser máis baixos,a comida está sempre moi boa, encanto a atención por parte do propietario sempre foi bastante agradable.

  19. MARI CARMEN
    2 / Agosto/ 2007

    Eu son cliente do Mar de Ardore, e se ben é verdade que o servicio deixa bastante que desexar, e os precios podían ser máis baixos,a comida está sempre moi boa, encanto a atención por parte do propietario sempre foi bastante agradable.

  20. MARI CARMEN
    2 / Agosto/ 2007

    Eu son cliente do Mar de Ardore, e se ben é verdade que o servicio deixa bastante que desexar, e os precios podían ser máis baixos,a comida está sempre moi boa, encanto a atención por parte do propietario sempre foi bastante agradable.

  21. m consuelo
    9 / Agosto/ 2007

    ya està bien de malos comentarios el que no quiera ir que no vaya un saludo a MARISOL Y MANOLO

  22. Juanjoabsolut
    1 / Setembro/ 2007

    Muy buenas!!! Estuve xomiendo allí el pasado miércoles, y después de leer algunos comentarios de aquí…….debí comer en otro restaurante con el mismo nombre que no se parece en nada a lo que dicen algunos.
    Entorno maravilloso. Llegamos a comer sin reserva (y no conocía el sitio de nada, fué pura casualidad). Cinco adultos y dos niñas. Nos dieron mesa en el mirador, sobre esa maravillosa ensenada. La carta original y distinta (después de un mes en la Costa de la Muerte se agradece salir del sota, caballo y rey…), precios correctos (entre los 12 y los 20 €), trato bueno, carta de vinos extensa (otra cosa a agradecer en la zona, pudimos tomarnos dos botellas de Bestue, Somontano, un vino nada facil de ver en sitios de muchas “campanillas” y a un precio de risa).
    Los pescados bien, las carnes excelentes, los postres (confieso que siempre paso de ellos) fueron aplaudidos por las “aficionadas” y a las copas de tostadas y güisquis de Malta (con una variedad amplia de marcas) fuimos invitados (en Madrid no te invitan a un Malta ni “jartitos de vino”).
    Mi hija mayor tuvo un pequeño incidente con una copa de vino derramada y fue atendida muy amablemente por la cocinera, que la ayudó a limpiarse el pantalón.
    En definitiva, en una tierra en donde se suele comer excelentemente en cualquier modesta taberna, es de agradecer algún local que se salga de los corriente, y me parece que este lo hace de una manera muy digna, y con una relación calidad/precio que haría sonrojar a muchos locales de capitales que hace años dejaron de ser coherentes.
    Yo lo recomiendo sin problemas.

    P.D.: ¿Cuando uno pide un plato que lleva “gulas”………que diablos es lo que espera?

    Saludos!!!!!

  23. julio
    2 / Setembro/ 2007

    hoy he comido francamente bien.bien atendido.bien aconsejado.y no me parecio caro(comer fuera de casa no es barato) el restaurante es totalmente aconsejable.saludiños

  24. 18 / Setembro/ 2007

    Estuvimos comiendo allí el fin de semana pasado. Habíamos reservado para las 14:30 y llegamos puntuales. No nos atendieron hasta las 15:00. Media hora esperando, sentados en la mesa y ¡sin poder ver la carrera de formula 1!. Por fin a las 15:00, y después de mucho insistir, nos hicieron caso pero … no pudimos oler la comida hasta las 15:30. Los niños se subían por la paredes y nosotros nos comíamos el pan. Salimos de allí ¡a las 17:30! (menos mal que no teníamos prisa), decidimos tomar el café en otro lugar. En fin, me voy a saltar los detalles; la comida vulgar, del montón, como tantos, el trato lamentable, pasota (como del que va sobrao), lo único bueno el postre y las vistas. Con la cantidad de sitios buenos que hay en Galicia para comer, si me quieren volver a ver por allí, que compren una foto mía.

  25. suso
    30 / Setembro/ 2007

    Hola:
    Da la casualidad de que nosotros (mi familia y unos amigos) también estuvimos comiendo el día de la fórmula 1 y nos trataron exactamente igual de mal que a los del comentario de arriba. Incluso parece que Miguel tuvo más suerte con el postre que yo, porque la tarta de galleta la hace mejor mi hermana y además los postres combinan mal con un doble de mala milk.
    No creo que vuelva; una vez llega para perder el tiempo y la paciencia.

  26. suso
    30 / Setembro/ 2007

    Hola:
    Da la casualidad de que nosotros (mi familia y unos amigos) también estuvimos comiendo el día de la fórmula 1 y nos trataron exactamente igual de mal que a los del comentario de arriba. Incluso parece que Miguel tuvo más suerte con el postre que yo, porque la tarta de galleta la hace mejor mi hermana y además los postres combinan mal con un doble de mala milk.
    No creo que vuelva; una vez llega para perder el tiempo y la paciencia.

  27. 23 / Marzo/ 2008

    He hablado alguna vez con ese muchacho, el dueno del restaurante, y dudo mucho que sea antipatico.
    Nunca he ido a su restaurante, pero en alguna ocasion se me ha planteado la posibilidad, dado lo fabulosamente que se habla de el. Otros que comieron alli me lo recomendaron…
    Creo que esta mala publicidad proviene de un caso puntual extrapolado a lo habitual. Me parece que es mal intencionado y barato criticar algo que no tiene base sostenible. Hace tiempo que no vivo en Espana (Galicia), pero cada vez que vuelvo a mi pais, de vacaciones, me encuentro con mas snobs y pretenciosos, cuya unico objetivo es la apariencia. Parece ser que todo el mundo ahi es experto en cocina y vinos (en realidad incapaces de distinguir entre albarino y pinot noir). Supongo que no tiene el menor sentido que se critique a un restaurante cuando no se sabe ni lo que se esta comiendo. Cuando no se sabe apreciar las cosas, ocurre que desaparecen y cuando desaparecen, se las empieza a apreciar. Tengo la suficiente edad para acordarme de las playas y los puertos repletos de manjares, que actualmente son “inexplicablemente” raros. Me sugiere la palabreria de estos senores y senoras, que no han llegado a tiempo de participar plenamente en las opiparas “kermesses” de mariscos, pescados, carnes, vegetales, etc. que se han llevado a cabo durante las ultimas decadas, sin importarle un pimiento la milagrosa DESAPARICION de los mismos, seguramente se creian que eran alimentos procesados en la industria? Es de poca educacion (escolar) exigir ANGULAS en el interior de una merluza, cuando se pretende pagar 18 euros. De forma que me conformare con divertirme un rato a cuenta de estos comentarios y a hacer caso omiso de ellos.
    Perdonen por las faltas de ortografia, el teclado ingles no me da mas opcion… Todo esto es lamentable, creanme… Vayanse a reir de Rita la Cantaora.

  28. Gabriel
    23 / Marzo/ 2008

    Se me olvidaba: Si es que ustedes van a salir de Espana (Galicia) no se les ocurra reservar mesa para las 2.30, pues tendrian que hacerlo en McDonalds y pagar 1o euros por un Mcmenu. Asi que no se quejen, mas bien agradezcan los privilegios que aun les quedan…

  29. 23 / Marzo/ 2008

    Gabriel, paréceme dunha enorme desfachatez que comente vostede e dea a súa opinión neste post sen ter ido nunca ao restaurante! Antes de chamar a alguén snob e pouco entendido, recoméndolle que se visite antes este blog a conciencia: creo que é a primeira vez que pasa por aquí e está un pouco desorientado sobre do que se fala aquí.

    Por certo, quen ofrecía “gulas” dentro dunha pescada era a carta do restaurante, non nós. ¿Entende o que quero dicir?

  30. Gabriel
    23 / Marzo/ 2008

    Comprendo perfectamente os seus gustos. E por iso que vostede pediu o prato, non? Cando a min non me sabe unha cousa non vou o restaurante a pedila… e si me apetecen uns entrantes con caviar beluga acompanados de Billecart Salmon 1998, non pedirei ovas de lumpo con cava. Espero que desta vez quedase mais definida a mina posicion con respecto o asunto. Pero ainda penso que non vai quedar asi a cousa, alguen tera que decir a derradeira frase para a posteridade. De certo que non serei eu… asunto concluido. Seguide co voso rollo… Ata logo meu neno.

  31. Juan Martinez Vidal
    10 / Marzo/ 2009

    Bueno esta es mi opinión. Conozco el restaurante hace unos cuantos años, cada verano procuro ir a comer o cenar un par de veces. Yo creo que esta bien, siempre he tenido un buen trato. ¿Que la carta no ha variado mucho en un tiempo ?, pues es verdad tenséis razón.
    Oído cocina….renovarse o morir.

  32. ANONIMO
    31 / Xullo/ 2009

    VISTAS PRECIOSAS,COMIDA CORRECTA,CARTA DE VINOS BUENA LO MALO ES QUE NO TIENE LA MITAD DE REFERENCIAS QUE OFRECE Y PRETENDE VENDER VINOS QUE NO SE CONOCEN Y CON UNA CALIDAD SENCILLA PERO A PRECIOS ALTOS

  33. un
    13 / Setembro/ 2009

    a xente que critica o mar de ardora tan arpiamente non ten puta idea. seguramente se o restaurante estuvera na coruña ou en madrid e o resto non cambiara nada, o mellor estaria falando maravillas del. Criticar por criticar e de ignorantes, ou secadra e porque a envexa que hai e grande

  34. GUNS'N'ROSES
    13 / Setembro/ 2009

    ramon nogueira, o mercado, se elimina os malos e premia os bos… o mar de ardora leva uns dez anos aberto e que queres que che diga… de momento vaille ben. sera porque levou un lote de premios gastronomicos por BO RESTAURANTE? unha mala opinion podea ter calquera, pero tio o que non se pode facer e ir a un restaurante como este pensando como di miguel na formula 1 ou con prexuicios idiotas. Exactamente, esta xente merece pagar os 10 euros ou mais nun macdonalds e comer MERDA-

Comments are closed.