Sex libris, a fascinación polas máis fermosas bibliotecas do mundo

trinity.jpg
Biblioteca do Trinity College, en Dublín

Morrison, en The Nonist, fai unha pequena antoloxía das máis fermosas bibliotecas do mundo. É bastante curtiña, pero serve para admirarse do amor e o respecto con que foron gardados algúns libros privilexiados. As bibliotecas sempre tiveron algo fetal, misterioso, un sex libris propio que as identifica: presérvase o silenzo, manéxanse os volumes con reverencia e repousan como nunha adega e, coma os viños, non necesariamente melloran cos anos. Na lista non aparecen algunhas outras fermosas bibliotecas que encantan coma nun sortilexio ao entrar. Seguro que ti tes as túas preferidas. Eu engadiría moitas, pero coloquemos estas cinco: a Biblioteca América e a Biblioteca da Facultade de Historia da Universidade de Santiago; a da Universidade de Salamanca, a Biblioteca Joanina de Coímbra; e a biblioteca do Mosteiro de Melk, en Austria.

10 Comments

  1. 6 / Setembro/ 2006

    Engadiría (non é preciso coñecelas todas in situ ¿non?) a pequena biblioteca de San Isidoro de Leon, por suposto a América e a de Historia, a Bibliotheque Nationale Francaise, a Biblioteca do British Museum, a Frick Collection Art Reference Library (NY) ou, por citar unha que pagaría por coñecer, tanto pola súa situación xeográfica como polos contidos ou pola biblioteca en si, que é do que se trata aquí, a Nantucket Historical Association Research Library and Archives, na mítica illa baleeira de Nantucket.

  2. Félix
    6 / Setembro/ 2006

    Coido que estades a pasar por alto a de El Escorial. A cultura clásica late nese recinto dunha maneira especial, ¿nonsí? Das citadas opto pola Joanina na cidadela de Coímbra.

  3. 7 / Setembro/ 2006

    Subscribo o do Escorial, Félix, é unha magnífica biblioteca. Eu cheguei a ver in situ as Cantigas alí, e é algo abraiante. Gourmet, superoume co da biblioteca de Nantucket: iso é dun grado de friquismo estremo. Postee unha ligazón con fotos dese lugar: estou máis que intrigado.

  4. 7 / Setembro/ 2006

    Em Portugal algumas das principais bibliotecas antigas foram saqueadas em diversas ocasiões, especialmente nas invasões francesas do início do século XIX. É o caso da grande biblioteca do Mosteiro de Alcobaça, hoje perdida. Sobram, além da Biblioteca Joanina de Coimbra., a monumental Biblioteca do Convento de Mafra, barroca. Outras mais pequenas mas impotantes encontram-se em Lisboa, como a Biblioteca da Real Academia das Ciências, ou em Évora, a Bibliotrca Pública, com exemplares preciosos da época medieval e do renascimento.

  5. 7 / Setembro/ 2006

    Pois a verdade é que a coñezo dun folleto turístico da zona. Son un fanático declarado de Moby Dick e, despois, de todo o que teña que ver coa historia da navegación, os antigos baleeiros, corsarios e demais. O meu interese por Nantucket estaba cantado.

    A biblioteca non é tan apabullante coma a meirande parte das outras das que falamos. Por contra, é un exemplo de arquitectura da Nova Inglaterra do S.XIX, pequena, sen artificio ningún (casi dun puritanismo protestante máis propio de A Letra Escarlata ou O Crisol que dun porto do S.XXI) , o que un pode esperar da sociedade histórica dunha comunidade mariñeira fundada a finais do S.XVII nunha pequena illa de Massachusetts. Ademáis, está decorada con elementos da vida baleeira do S.XVIII e XIX (arpóns, osos tallados, antigas brúxulas) e con manuscritos dos poucos supervivintes do célebre naufraxio do baleeiro Essex, historia que che recomendo se non a coñeces.

    Estiven a buscar fotos pero so atopo o links a Sociedade Histórica, no que saen dúas fotiños minúsculas que, aínda que baixo mínimos, serven para facerse unha idea do ambiente do sitio. Terás que conformarte: http://www.nha.org/library/index.html

    Respecto á súa adxectivación, grazas, son moitos anos cultivando en silencio o friquismo heterodoxo. Afortunadamente, aínda queda xente como vostede, capaz de identificalo e valoralo na xusta medida.

  6. 7 / Setembro/ 2006

    Non sei se recibiches o comment anterior, longo de máis para volver escribilo (non o vexo publicado). Por se acaso, esté é o link da biblioteca en cuestión, con dúas fotiños minúsculas que non acaban de facerlle xustiza: http://www.nha.org/library/index.html

  7. 7 / Setembro/ 2006

    Fixádevos que, polo menos no meu caso, as fotos non lle fan xustiza para nada ás bibliotecas que posteei. Quédanse curtas. E teño a impresión de que ocorre o mesmo con todas as que levamos posto aquí: en todas se percibe un marabilloso espazo de saber que as fotos, como di Roteia, non son capaces de recoller. Iso si, son estupendas excusas para saír de viaxe a buscalas: agardo un convite de George Lucas para entrarlle na casa, señor Ifrit. E non dubide que pasarei por Mafra algún día, Roteia: se cadra peque de tópico, pero interesoume ese mosteiro dende a lectura na Universidade do Memorial do Convento. Gourmet, a verdade que o de Nantucket é puramente novelesco, tamén. Alí me gustaría atopar a verdade sobre o kraken: se alguén a sabe, seguro que está aí. :-)

  8. 8 / Setembro/ 2006

    Dúas veces que pasei por Mafra e as dúas estaba pechado ás visitas. Tamén niso os galegos e os portugueses nos parecemos ;-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará