Entra a manda de arroaces na ría. Saltan ao medio entre as ondas do nordés, sós e en parellas. Xa chegou o peixe á ría. Non tarda nada en aparecer o barquiño cos seus pescadores e os seus tramallos e, tras del, a nube de gaivotas. E o mundo parece, por unha vez, en orde.
Be First to Comment