¿Ten cores a música?

color_sound.jpg

Color of my sound é un experimento sobre a sinestesia, que é a condición neurolóxica pola cal dous sentidos se emparellan. En Color of my sound emparéllanse cores e música. Ti escolles que cor te parece máis próxima á música que escoitas e ao final comprobas visualmente que cores foron máis votadas. Mentres que con algunhas cancións, as eleccións dos usuarios son moi heteroxéneas, noutras a coincidencia é asombrosa. Observeino por exemplo cun tema country, que a gran maioría dos usuarios asociaron ao azul celeste. ¿Canto de neurolóxico ou de psicolóxico hai na decisión da escolla e canto de cultural? Un antigo produtor discográfico, por certo, acaba de publicar un libro sobre a cuestión, Your Brain on Music, no que analiza como o noso cerebro procesa a música dende a perspectiva da neurociencia cognitiva, que é unha disciplina mixta entre a neurociencia e a psicoloxía.

3 Comments

  1. chexire
    29 / Agosto/ 2006

    A sinestesia e os mecanismos que se esconden detrás das ilusións foron as cousas que máis me impresionaron no meu breve paso por Psicoloxía. Se tés ocasión, bótalle un vistazo a “Sensación y percepción”, de E. Bruce Goldstein. En xeral é moi detallado, pero trae moitas curiosidades que che fan replantearte moitas cousas que ata entón parecían obvias.

    ¿Xogaches algunha vez a REZ? É un dos xogos máis estraños e fascinantes que vin na miña vida. Un shooter en 3ª persoa no que o obxectivo real non é destruir os inimigos, senón crear unha extraña sinfonía de música e cores. Dependendo de múltiples variables (a túa posición, a dos obxectivos, a forza dos disparos, combinación de botóns, azar…) vas avanzando polos niveis creando esas sinestesia. E

  2. chexire
    29 / Agosto/ 2006

    A sinestesia e os mecanismos que se esconden detrás das ilusións foron as cousas que máis me impresionaron no meu breve paso por Psicoloxía. Se tés ocasión, bótalle un vistazo a “Sensación y percepción”, de E. Bruce Goldstein. En xeral é moi detallado, pero trae moitas curiosidades que che fan replantearte moitas cousas que ata entón parecían obvias.

    ¿Xogaches algunha vez a REZ? É un dos xogos máis estraños e fascinantes que vin na miña vida. Un shooter en 3ª persoa no que o obxectivo real non é destruir os inimigos, senón crear unha extraña sinfonía de música e cores. Dependendo de múltiples variables (a túa posición, a dos obxectivos, a forza dos disparos, combinación de botóns, azar…) vas avanzando polos niveis creando esas sinestesias. Eu probeino no seu día na Dreamcast de Sega, pero creo que hai unha versión para PS2

  3. 29 / Agosto/ 2006

    Lin unha reseña en Wired, e abofé que me quedaron gañas de probalo!!

    M.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará