Campaña publicitaria que combina Internet, TV e…teléfono!

campanha_opel.jpg

Opel está a lanzar nalgúns países europeos unha alucinante campaña chamada “Prepare your hair“, combinando internet, vídeo e ¡teléfono! Ao principio do anuncio, o web pídeche o teu nome, apelidos e número de teléfono móbil. Despois aparece unha secuencia publicitaria e unha especie de técnico indio localízate nunha lista e decide chamarte. Aos poucos o teu teléfono soa e o técnico indio anúnciache unha promoción de Opel e un sorteo, convertíndote nun personaxe da historia do vídeo. A impresión, desde logo, é alucinante.

Ver Prepare your hair.

Nota: se estás dentro do Estado español, tes que colocar 0034 antes do teu número de teléfono.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará