Phillips inicia a comercialización de televisores 3D

tv3D.jpg

Phillips está comezando a presentar en sociedade unha nova xeración de televisores: os Wowx. Esta nova xeración aproveita esa vella tecnoloxía de ilusión tridimensional baseada no desdobramento da imaxe pero sen o vello requerimento de usar aquelas gafas bicolores para conseguir ver algo. Os novos televisores son LCDs de 42”, nos que as imaxes saen naturalmente da pantalla cara o espectador. Séan Captain, de Wired, estivo na presentación de Manhattan e pareceulle que a tecnoloxía funcionaba moi ben. A tecnoloxía terá máis proveito con determinadas aplicacións, cando exista máis material audiovisual rodado directamente en 3D. Entrementres, os Wowx teñen un gran aliado nos videoxogos, que xa crean modelos tridimensionais que despois son aplanados polos nosos monitores. De feito, Phillips empregou Call of Duty para amosar as posibilidades para o entretemento dixital desta nova sensación tridimensional.

A súa liña de comercialización estará dirixida polo momento a anunciantes e empresas publicitarias -supoño que as máquinas costarán bastante- que aproveitarán o efectismo sorpresivo desta tecnoloxía na distribución comercial. Pero, como te podes imaxinar, a chegada ao mercado doméstico é tan só cuestión de tempo. De feito, Phillips está a distribuír software 3D para que os produtores se animen a crear xa contido pensado para saírse da pantalla.

4 Comments

  1. 25 / Agosto/ 2006

    Esta foi outra das novas que vin en Xataka e pensei “mira, isto é moi blog de Gago” xD

    Buceando algo sobre o tema, está este vídeo, que vai nunha onda similar.

    http://www.youtube.com/watch?v=vEhCSaCekDI

    Sen embargo, aquí o concepto (diferente o de phillips, obviamente) paréceme bastante jodío para o mercado doméstico. Máis que nada porque eu pensaba que o dos “ángulos de visualización” non implicaba que eu tivese que desplazarme :)
    Pero sen dúbida é un asunto interesante para vallas publicitarias en congresos, feiras, presentacións…

    Ó mellor equívocome, pero non sei se terá moito futuro. Seguramente impresione as primeiras veces, pero cres que será suficiente para que se convirta nun estandar?

    Por certo, viches a Xbox360 nunha pantalla HD? Obviamente, non son hologramas, pero nos xogos que tiñan no Corte Inglés, a simulación de relevo e profundidade é impresionante. A ver o que consigue Sony co Blu-Ray da Playstation3, pero a cousa parece prometer (para quen teña 600€ para o capricho, claro…)

  2. 25 / Agosto/ 2006

    E sen que teña nada que ver con isto…

    Eu sei que o iPod da para moito e que non hai empresa que se poida considerar “cool” ou “fashion” se non saca accesorio para o trebello de Apple.

    Pero isto xa me parece excesivo:

    http://www.ohmibod.com/overview.html

    (non me imaxino a Steve Jobbs presentándoo nunha das súas keynotes)

  3. 25 / Agosto/ 2006

    Desde que se lanza unha tecnoloxía ata que penetra no mercado leva moito tempo. Os meus pais mercaran hai algúns anos una TV stéreo que só disfrutan cando poñen algún vídeo porque segue sendo imposible receber a maioría das canles en stéreo, nin en R, nin vía aérea, só algunhas en TDT.

    Por iso digo que non e só vender o aparello senón que se emitan cousas axeitadas aos aparellos que se mercan.

  4. 25 / Agosto/ 2006

    Juan: o tema dos ángulos de visión é moi interesante para o formato doméstico. Phillips promete no modelo máis doméstico, o
    42-3D6C01, unha “gran área de visión 3D”, co cal eu non o acabo de ter claro. Pero nas casas non precisas 180º: posíbelmente con 100º darías dabondo para convencer cos primeiros modelos aos “early adopters”. Sobre o tema do futuro da proxección holográfica a partir dun LCD coma estes, eu que che sei…obviamente. Un dos principais problemas non é a tecnoloxía, senón que se produza contido específico, como sinala Mendinho.

    Para salvar a escaseza de contido, Phillips desenvolveu un Media Player que interpreta as distancias entre os obxectos do sinal convencional e que non dá resultados, polo momento, espectaculares, polo que din. O outro problema é que non deixan de ser 42” de pantallón en pisos cada vez máis pequenos… se cadra o futuro vaia máis pola proxección holográfica… Agora ben, si creo que o 3D vai ocupando cada vez máis espazos narrativos: nos videoxogos xa é un estándar, e ás veces nas películas pode ter tamén importancia. Ao público gústalle a espacialización das narracións, e se non mirade o éxito dos equipos home cinema surround.

    Con respecto á estensión desta tecnoloxía, coido que cada vez os ciclos de renovación de máquinas e software son cada vez máis rápidos. Non a teño neste momento a man, pero vin unha estatística da substitución de portátiles vellos por novos con Centrino Core Duo e alucinei do volume. Descoñezo se, por exemplo, pode emitirse sinal adaptada para este tipo de 3D a través da TV por ADSL -supoño que si- , pero se así fora a infraestrutura xa existiría. Poden ocorrer tres cousas: que o cacharro sexa demasiado avanzado para o seu tempo cando saia ao mercado doméstico de gama alta (2 anos?), que realmente non aporte nada novo á experiencia audiovisual ou que sexa un éxito -especialmente, e no principio, para “xogadores”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará