Robogaita que funciona con aire a presión e ficheiros MIDI

robogaita.jpg
A robogaita McBlare

Chegou a RoboGaita. Aquí vemos ao prototipo: o seu nome en código é McBlare e desenvolveuna o profesor Roger B. Dannenberg no centro de robótica da Universidade Carnegie Mellon. McBlare funciona cun compresor de aire que enche o fol e con dispositivos electromagnéticos que actúan como dedos sobre o punteiro. A robogaita está vinculada a un ordenador que ten metida na memoria numerosas cancións de música tradicional escocesa en MIDI. ¡Algunha Real Banda xa estará pensando en incrementar a súa potencia de choque!

Escoita a McBlare interpretando a Highland Laddie.

7 Comments

  1. 21 / Agosto/ 2006

    E digo eu, isto é melhor ou pior que a aspiradora-cibergaita do Hevia?

  2. 22 / Agosto/ 2006

    ha! Non estaría mal un show veraniego no que competiran os dous cacharros. ;-)

  3. 22 / Agosto/ 2006

    Interesante, Berio! Por engadir a esta estupenda colección de “gaitgets”: o MasterGaita do que avisou aranha en Chuza!, un controlador MIDI con dixitación de gaita deseñado por José Presedo:

    http://www.arrakis.es/~jpresedo/midig/

  4. 22 / Agosto/ 2006

    Ah, mira tu! Ainda lembro quando o Sr. Presedo disponibilizara no seu web arredor de 300 moinheiras em MIDI… uma delícia para mim nos primeiros tempos como fedelhador de código, pondo música estrondosa para ‘deleite’ dos visitantes da minha modesta primeira web :-D

  5. 22 / Agosto/ 2006

    Sobre o post anterior, reconheço-o: matar-me era pouco!

  6. 29 / Decembro/ 2006

    Unha gaita é unha gaita!!!
    Non se pode sustituir por nada!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará