Photosynth, representar realidades físicas en 3D a partir das fotos dos usuarios

photosynth.jpg

Microsoft Live Photosynth é unha nova tecnoloxía de desenvolvemento de Microsoft que, a partir dunha gran colección de fotos dun lugar ou obxecto, analiza estas buscando similaridades entre elas e as amosa nun contorno tridimensional reconstruído. É dicir, colle todas as fotos da Praza da Obradoiro colgadas en Flickr por diferentes usuarios, compréndeas, e representa a praza en pespectiva e volume tridimensional.Nas súas palabras:

“each photo is processed by computer vision algorithms to extract hundreds of distinctive features, like the corner of a window frame or a doorhandle. Then, photos that share features are linked together in a web. When a feature is found in multiple images, its 3D position can be calculated. It is similar to depth perception: what your brain does to perceive the 3D positions of things in your field of view based on their images in both of your eyes”

Gústame a filosofía subxacente ao proxecto: desenvolver ferramentas que procesen de xeito automatizado a produción colectiva creando, de resultado, un novo produto que, á súa vez, está concebido para ser de novo socializado polos usuarios e modificado. Aquí vai un vídeo explicativo:

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará