Ollos de auga, para os canónicos da novela negra

Ollos de auga é unha novela que está circulando de boca en boca, entre amigos. Escrita por Domingo Villar, preséntase como unha nova aposta pola novela negra en galego. Confeso que o que máis me gusta do xénero é a capacidade de penetrar de xeito transversal en diferentes estratos sociais e colectivos; o que menos, sen dúbida, son as convencións. Ás veces parece que existe nalgures un expedidor de certificados de novela negra que obriga a seguir uns determinados cánones para obter o diploma final, coma no movemento DOGMA. Os que botamos de menos a escrita ácida e etílica de Haníbal Malvar -que no seu momento si que foi un pasiño máis alá, dentro deses cánones- volvemos con melancolía a ler as novas propostas.

O outro día, cando baixei pola rúa con Ollos de auga na man, recoñezo que me enganchei a risco de verme atropelado con semáforos. Despachei a noveliña nun día. Ollos de auga é unha narración de consumo rápido -case inmediato- que se axusta de xeito canónico ás convencións do xénero, aínda que esvare no trasfondo e o protagonista, o inspector Leo Caldas, sexa de psicoloxía plana e caracterización con pinzas. Separado da muller -non temos moi claro que é o que foi mal-, e con carreira fulgurante -pero non sabemos cantos anos ten. Cun asistente zaragozano que non entende os tópicos galegos e que fai de paiaso divertido, pero non sabemos que papel cumpre na acción. A partir de aí, a novela tenta solucionar o escabroso asasinato dun músico gai residente nun dúplex da torre da Illa de Toralla e acaba nos altos fondos -que os hai- da sociedade viguesa. Gústame o alento da cidade, o percorrido polas rúas, a integración para nada traumática da modernidade urbana -que noutros escritores contemporáneos galegos parece un parto e unha motivación máis ideolóxica que un feito normal- e a preocupación polo ritmo -tamén algo máis inusual do que debera. A mágoa é que Villar tema non conseguir ese lendario certificado de “novela negra” que Chandler debe expedir dende os infernos e non se separe nin un centímetro dos personaxes e resultados previsíbeis. Aínda así, prefiro un clon de calidade que unha mala invención. En resumo, unha entretida proposta para devorar nunha ou dúas tardes de praia.

12 Comments

  1. tatiana
    28 / Marzo/ 2007

    Leo pouco en galego, e este mandaronmo leer no instituto.Empeceino de mala gana, pero a verdade e que está xenial, e entretido e non o podes deixar de ler, ademais pra min a final foi imprevisible.
    Un gran libro.

  2. alejandra
    14 / Maio/ 2007

    e un gran libro.enganchate ata o final, a intriga sobre quen e o asasino non che deixa cortar a lectura, e o final levas unha gran sorpresa, nunca pensei que rematara asi
    Un libro xenial recomendoo

  3. meru
    11 / Novembro/ 2007

    non sei resumilo libro necesito axuda, queria se alguen podia axudarme

  4. loretiana
    20 / Decembro/ 2007

    o lin de mala gana porque obrigaronme a lelo. asi non se pode disfrutar dun libro. yo me tngo que tomar mi tiempo para hacer ago bien, a parte de para que me guste.
    resumilo non é moi complexo meru. se o liches,soamente tes que fixarte nos aspectos importantes. como por exemplo, o nome dos investigadores e o falecido; o lugar do crime; resultado da autopsia; onde se fabrica e distribue a arma do crime; a que lugares se distribue e quen ten acceso;nome do sospeitoso e razon pola que desconfian del; situacion na que se encontra o acusado; nome do asasino real e que lles levou a cambiar de idea. entonces, aqui tes máis ou menos o que ten que aparecer no teu resumen(a menos que xa o teñas feito) jejeje
    LoReTi@n@.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,..,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,.,

  5. lauraaaaaaaaaaa
    31 / Decembro/ 2007

    eu tamen o leo de mala gana por que mw mandaron no instituto

  6. pablo
    28 / Abril/ 2008

    bua…….yo es k soy mas vago k una piedra…..

    hasta para escribir….. y lo lei hasta la pagina 70

    y deje de leerlo…….. pero tenia buena pinta..

  7. natalia
    18 / Outubro/ 2008

    pois e un gran libro, wai, engancha moito, e moi entretido, e chegando cara o final pois levaste moitas sorpresas. recomendo k o leades

  8. maria
    27 / Decembro/ 2008

    pues la verdad esq a mi tamen me lo mandaron leer en el instituto y pense q era peor pero esta bien xa me lo estoy acabando!!!!!

  9. soraya
    25 / Xaneiro/ 2009

    este libro mandoronmo leer no colexio, e xa o empecei, gustame moito ainda que o principio empeceino con mala gana pensando que non me ia gustar, pero e todo o contrario, o recomdaria a todo o mundo.

  10. pepito
    20 / Abril/ 2009

    pois a min non me qedou claro o final

  11. ana
    27 / Setembro/ 2009

    Eu teño ke leelo pero nn kero e un tochon de libro
    buah…
    ke merda!!!!
    jejeje =)

  12. martin
    30 / Outubro/ 2010

    É un gran libro parece que non o principio pero engánchate moitísimo, enganchoume moito o final

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará