Siluetas de avións aliados da II Guerra Mundial en Monte Faro (Ferrol)

Last updated on 15 / Marzo/ 2007

bombardeiro_2.gif

bombardeiro_1.gif
Siluetas debuxadas nas paredes dos búnqueres antiaéreos de Montefaro para recoñecer aos avións aliados durante a II Guerra Mundial

Esta fin de semana fixemos un excitante Turismo Cara B: visitamos as ruínas militares da área de Ferrol. Os afeccionados aos túneles non se deberían perder isto. Os cabos que rodean a entrada da ría ferrolá están inzados de instalacións abandonadas do exército nos que se concentra unha gran combinación de historia, de intriga e de aventura. Búnqueres, enormes pasadizos subterráneos camúflanse no medio do toxo. Nesta primeira visita quedámonos especialmente fascinados de dúas: Punta Segaño e Monte Faro, ambas as dúas no concello de Ares. Punta Segaño mantén un complexo soterraño de baterías de primeiros de século, que seguen o cabo distribuíndo entre túneles o acceso a enormes baterías de disparo. Pero foi en Monte Faro onde apareceu un relampo da historia contemporánea do mundo entre os toxos: nese monte hai un gran búnker antiaéreo con numerosas galerías subterráneas feito en 1941. Vendo a precisión, o momento histórico e a tecnoloxía coa que foi feito, non sería nada de estrañar que na súa construción participara a enxeñaría nazi. Pois ben, en moitas delas, ao carón das bases de disparo, atópanse estas figuras de avións norteamericanos e ingleses, operativos durante a II Guerra Mundial, para que os artilleiros as recoñecesen no momento de abrir fogo contra o inimigo. Si, como o escoitades. Están aí dende a II Guerra Mundial. Paréceme tan alucinante como todas as pintadas que os adolescentes da zona colocaron sobre elas sen rubor e non menos que o esquecemento ao que están sometidas estas instalacións. E pregúntome: ¿non é isto unha valiosísima mostra da nosa historia contemporánea? ¿Farán falta 400 anos para que teñamos que lamentar a perda do noso patrimonio contemporáneo? ¿A ninguén se lle ocorreu pór en valor estes búnqueres? ¿Cando comeza a nosa Historia, cando desaparece?

Máis:
Fluxo de imaxes que montei en Flickr para que vexades as siluetas dos avións (antes de que desaparezan por culpa dos cafres)

Búnker e artillería de Punta Segaño en Google Maps

Búnker antiaéreo de Monte Faro (onde están as siluetas dos avións aliados) en Google Maps

8 Comments

  1. chamizo
    2 / Agosto/ 2006

    Moi interesante! Creo que apunto para proximas saidas!
    Encantame a historia militar, e a ría de Ferrol e moi rica nestas manifestacions. Os castelos da Palma a mais….(merda, non lembro!) son autenticos colosos.
    ¿Son doadas de topar as entradas aos tuneles?

  2. 2 / Agosto/ 2006

    Ola, o outro castelo debe ser o de San Felipe… :-)

    Si, é moi doado entrar. Fíxate na fotos aéreas que están no post. No de Punta Sañudo hai algo de truco, para entrar no corredor de pedra que leva aos búnkeres, tes que entrar no barracón que ves na parte de arriba desta ligazón:

    http://maps.google.com/?ie=UTF8&t=k&om=1&ll=43.45281,-8.309687&spn=0.001764,0.004345

    e saír polo boquete que está feito na parede. Alí chegarías a esa especie de liña de camiño que hai entre os toxos.

    No de Montefaro (o dos avións), a entrada ao búnker está na ESQUERDA da pista. Teste que fixar algo porque está metida no medio dos toxos, pero localízase sen problema. de novo, á altura da foto aérea que publiquei.

  3. 15 / Marzo/ 2007

    Soy el autor de la web Military Ruins que trata todo esto de lo que hablais (y que lleva online casi 6 años!)
    A qué llamais Punta Sañudo? Nunca jamás había oido hablar de este lugar ni tan siquiera lo he visto en cartografía actual o de época.
    No os estareis refiriendo a Punta Segaño?
    Un saludo de un veterano extplorador de ruinas militares…! Estoy a vuestra disposicion!

  4. 15 / Marzo/ 2007

    Cadaveira, é unha honra terche por aquí. Visito de vez en cando o teu sitio. Que pasada o que te moves para localizar e mapear eses lugares!

    É certo o da Punta Sañudo, o correcto é Segaño. Supoño que se transpapelaron nomes. Xa queda cambiada.

  5. maria
    3 / Decembro/ 2007

    Hola,estoy comenzando un documental sobre unas ruinas militares, y me interesaria mucho contactar con Jose Cadaveira. Le he enviado mails al unico correo que encontre militaryruins@yahoo.es pero no me contesta. Agradecería muchísimo que alguien me dijese alguna otra dirección de correo o modo de ponerme en contacto con el.gracias

  6. 3 / Decembro/ 2007

    María, o contacto de José Cadaveira é o que deixa el mesmo na súa web. Non coñezo outro.

    Un saúdo

  7. jose cadaveira
    16 / Decembro/ 2007

    Hola magago, Maria,
    ultimamente me entra tanto spam en el mail de Militaryruins que me limito a vaciar la papelera de spam y fuera… es probable que tu mail (maria) haya pasado por aqui y no me haya enterado. Prueba con mi otro mail josecadaveira@hotmail.com o a traves de mail interno de la web fotográfica Flickr.com
    Un saludo, Jose C.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará