O estudio Front e os novos materiais de deseño

front_1.jpg

Este papel de parede está deseñado para ser sensíbel aos raios UVA. O modelo gráfico, que está feito a partir das sombras de obxectos cotiás, maniféstase mellor cando a luz do sol dá contra el. É un dos produtos especulativos dun dos estudos de deseño contemporáneo máis interesantes en Europa: Front. Front experimenta con materiais, texturas e condicións físicas e antropoloxías para elaborar novos obxectos que pensan novos usos do espazo. Deste xeito, en The History of Things, as deseñadoras entrevistaron a cen persoas en Suecia sobre a súa vinculación persoal con obxectos domésticos. En The Representation of… trasladan o deseño de mobiliario aos videoxogos e converten a estes en ferramentas de deseño:

¿Pode existir un obxecto de deseño sen ser materializado? ¿Que clase de obxectos poden ser deseñados nun mundo onde non existen as forzas da natureza e podemos empregar materiais que non existen?

Noutros casos, o deseño vén determinado polo movemento de animais sobre unha superficie; polas sombras que aproximan unha mesa ás ponlas dunha árbore. De toda esta especulación, tamén sorprende a transformación intelixente e sensata dos obxectos dende a mesa experimental ata a oferta comercializábel nas feiras de Milán.

front_2.jpg
O equipo Front: Sofia Lagerkvist, Charlotte von der Lancken, Anna Lindgren e Katia Sävström.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará