O plugin LinkThumb en Capítulo 0

Andrés Nieto, que é o meu ionqui particular no tema de plugins e extensións para WordPress, acaba de reescribir unha pequena aplicación java para empregarse en WordPress. Trátase do LinkThumb Plugin, unha variante do Link Thumbnail para WordPress que permite previsualizar en miniatura as webs ás que ligas dende as ligazóns que publicas nos posts, como podes ver aquí, no caso de que navegues con Firefox. E dirás: ¿para que raio serve isto? Boa pregunta. De principio, non se trata só dun efecto barroco -en plan cambiar de cor as letras, ou así- senón que aporta algo de información visual. Para usuarios habituais deste blog sería un xeito de anticipar a navegación e estender horizontalmente o blog, para permitir recoñecer unha ligazón externa que non é mencionada explicitamente no texto e así facilitar a decisión de pinchar ou non pinchar. Pinchar ou non pinchar, coma sempre, esa é a cuestión.

One Comment

  1. 12 / Decembro/ 2006

    What I want to do on my blog, is every few hours take the oldest post and move it to the
    front of the queue, all automatically. Anyone know if there is a plugin that can do this or
    a simple way to set up another plugin to do this (use my own feed perhaps)?
    Thanks.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará