Information aesthetics na semente RSS da semana

Pois esta semana tócalle o turno a un interesante blog dende o meu punto de vista profesional: Information Aesthetics, un excelente punto de partida para coñecer o último en infografía, representación da información e cultura visual vinculada á representación de datos. Aínda que che poda soar un tanto duro, concédelle unha oportunidade: poderás ver exemplos fantásticos de como, no contexto actual de aglomeración de datos, se producen tentativas para organizar o acceso á información dende múltiples puntos de vista.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará