Promesas perigosas en Internet

Leo o interesantísimo artigo de Steve Bryant na Online Journalism Review: “What works in online video news?”. Bryant comeza cun feito sorprendente, aínda que previsíbel: a CNN.com distribuíu 4 millóns de vídeos ao mes o ano pasado. Nestes momentos, a cadea supera os 11 millóns de vídeos vistos á semana. O ADSL multiplica o interese. Entrevistando a varios expertos, Bryant conclúe que tipos de vídeo están a funcionar na web:
1) os vídeos- que-tes-que-ver, distribuídos a través de marketing viral, en plan colisións de coches ou suicidios dende rañaceos;
2) o contido exclusivo e en profundidade, entendido como información de valor engadido e explicativo creado pouco tempo despois de xurdir un feito.
3) os breves resumos da xornada.

O éxito do vídeo non chega só, senón con cambios no comportamento dos usuarios que nos obrigan a darlle outra volta máis a como concebimos o etiquetado e almacenamento de contidos nas nosas webs. Como di Stephen Smyth, vicepresidente de medios de Reuters:

“Before we had really good search, publishers were focused on the browser metaphor: tabs, contextual links, story packages (…) Now as search has become more popular, it’s more of a 50/50 proposition. It’s not just packaging the story right, it’s putting the right metadata in and making sure all the video search engines get the feed.”

Aproveito para coñecer o servizo de TV en streaming da CNN, o Pipeline, que emprega unha aplicación de escritorio para acceder ao servizo audiovisual baixo demanda. Compróbanse as ideas expostas por Bryant na publicidade promo do Pipeline, como se pode ver na imaxe que ilustra o post. A prestixiosa cadea promete, se accedes a pagar a subscrición mensual, catro canles de contido sen filtrar (¿a que se referirán con filtrar?) e, de xeito destacado, colisións de coches e rescates espectaculares. Perigoso camiño para a busca dunha audiencia en Internet.

2 Comments

  1. 30 / Maio/ 2006

    Internet emprega as mesmas tácticas que adoitan empregar nas televisións: “carne” e “sangue”.

  2. 31 / Maio/ 2006

    …pero o curioso é que se faga “explícito” nun medio que se considera a si mesmo como de referencia…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará