SOS de urxencia por San Paio de Abeleda

O domingo pasado vimos en La 2 -e curiosamente, non fomos os únicos- a serie documental “Cuadernos de paso”. Como versaba sobre a Ribeira Sacra, decidimos quedarnos a ver como tiraba a cousa. Sorprendeume a referencia a un mosteiro do que nunca oíra falar, a ruína de San Paio de Abeleda, que sobranceaba porque tiña uns capiteis románicos ¡policromados!, un feito excepcional en Galicia. Así que decidimos ir ata Castro Caldelas e, de aí, seguir pola estrada en dirección Monforte, collendo o desvío ata a aldea de Santa Tegra. Efectivamente, o mosteiro podíase ver dende a estrada. Xa se intuía o avanzado estado de ruína no que se atopaba:

Deixando o coche nunha praciña da aldea, fumos andando ata aló. A medias entre explotación agraria e relixiosa, o mosteiro copia parte da arquitectura pacega e das casas grandes da zona:


Entrada ao mosteiro

Cal foi a nosa sorpresa cando vimos como se atopaba no interior. Na esquerda parecía asomarse un pórtico do románico tardío, agochado nas silveiras:

Por suposto, achegámonos para admirar as esculturas, e atopámonos con este orixinal método de “restauración”:

¡O propietario do mosteiro tapiara un pórtico románico hai pouco con bloques de cemento! Xa teméndonos o peor, dimos a volta á propiedade para buscar a igrexa do mosteiro, que estivo en activo ata hai poucas décadas. Alí é onde supostamente estarían eses capiteis románicos policromados… Cal sería a nosa sorpresa cando nos atopamos co pórtico policromado da fachada da igrexa tamén tapiado do mesmo xeito!

Pódense ver unha gran cantidade de fotos da ruína do mosteiro no cluster de imaxes que preparei en Flickr.

A situación do mosteiro é vergoñenta e todo parece indicar que as agresións a este monumento histórico fundamental para a Ribeira Sacra continúan. Administracións, movementos civís e cidadáns deberíamos pór en marcha para tentar solucionar esta situación de agresión ao noso patrimonio canto antes.

16 Comments

  1. 29 / Maio/ 2006

    totalmente dacordo.
    Aínda non hai moito saiu publicada na prensa o roubo de obras de arte deste mesmo mosteiro. Vese que os bloques de cemento non abondaron. Hai unha morea de capelas, pazos, casas grandes, castelos que fican no mesmo estado que este fermoso mosteiro.

    De momento a paisaxe non a poden pechar con cementos…

    a que é unha terra mooooi linda?

    unha aperta

  2. 29 / Maio/ 2006

    A xente da aldea á que lle preguntamos polo dos bloques falounos, de xeito un pouco confuso, de que “levaran pedras” (curioso que non empregaran a palabra “roubo”) e que se cadra os bloques puxérannos por iso.

    ¿Lembras en que xornal viches o do expolio?

  3. Asociación Cultural Cocas e danzantes de Santa Tegra
    27 / Xullo/ 2006

    No xornal La Voz de Galicia do 12 de xullo de 2005 o Delegado de Patrimonio da Diócesis de Ourense Miguel Angel González puxo en coñecemento o roubo de seis retablos do mosteiro de San paio de Abeleda (Castro Caldelas), así como unha columna do portico gótico. Tamén dice que ás imáxenes, todas de gran valor hbíen sido rescatadas facía meses e levadas a igresa de Santa Tegra.
    Como secretario da Asociación Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tegra teño que manifestar, que a finais do ano 2004 esta Asociación puxo en coñecemento da Conselleria de Cultura, Concello de Castro Caldelas e mesmo da Presidencia da Xunta o expolio que se estaba a facer con este Mosteiro, e que se deberían tomar as medidas pertinentes a quen lle correspondese. ¿Por qué denuncia o Delegado de Patrimonio o roubo dos retablos nesta fecha cando xa desapareceran fai moitos anos? ¿Cómo dice que as imaxes foron levadas a igrexa de Santa Tegra fai unhos meses, cando en realidade foron levadas xa fai perto de trinta anos? ¿Dónde están as imaxes que faltan?
    Darlle a noraboa polo artigo e poñemonos desde esta Asociación a súa enteira disposición.
    Ricardo Rodicio. Asoc. Cultural Cocas e Danzantes de Santa Tegra.
    ¡Ah¡ a Danza das Cocas celébrase este ano en Santa Tegra o día 6 de agosto. Merece a pena. Grazas.

  4. 27 / Xullo/ 2006

    Moitas grazas pola información e polo proselitismo das Cocas. Se ando por alí abaixo nesas datas pasareime por alí, que quedei intrigado. :-)

  5. 28 / Xullo/ 2006

    Tes toda a razón, e unha gran pena que este monumento este neste estado. Hai uns meses puden ler no xornal “La voz de Galicia”, que o obispado de Ourense o mercara por unha importante suma de diñeiro para despois restauralo.
    Esperemos que eso vaia adiante.
    Dende aqui, tamen aproveito para dar a coñecer a web de Abeleda, pobo cercano o mosteiro. http://www.abeleda.es.
    Recomendamos a visita. Un saúdo a todolos visitantes.

  6. Vicky
    11 / Agosto/ 2006

    Hola, y ante todo, gracias por esta oportunidad de denunciar lo que está pasando con San Paio. Tengo que deciros que el pasado verano estuve en la Ribeira Sacra, y San Paio fue uno de los Monasterios que visité. Se me cayó el alma a los pies cuando lo vi, y… como aún no estaba tapiado, pude ver el interior, una verdadera maravilla en ruinas, y sacar fotografías del interior de la Iglesia, una ruina con unos frescos que parecen imposibles dado el estado en que que se encuentran, practicamente al aire libre, porque la iglesia no tiene techo. Me gustaría, si es posible, que me dierais una dirección de correo para enviaros dichas fotos, que, de verdad, merecen la pena, para que las incluyáis en esta página. Creo que San Paio lo merece, a ver si los dueños entran en razón y hacen algo por evitar la pérdida de esta maravilla.
    Gracias de nuevo.

  7. 15 / Agosto/ 2006

    Ola, Vicky:

    Pois sería moi interesante engadir as fotos. Mándamas a magago@gmail.com . E moitas grazas! A ver se conseguimos chamar a atención sobre o calamitoso estado do mosteiro!

  8. Oscar Gonzalez murado
    25 / Novembro/ 2006

    Hola… en certo modo eu tamén me sinto identificado con esto que sucede co mosteiro… E cada vez que atopo cousas, datos sobre él máis me apaixona. Gustariame poñerme a vosa disposición no que toca a historia do mosteiro de San Paio, sobre o que só hai un artigo publicado con un pouco de xeito.

  9. 25 / Novembro/ 2006

    Óscar, ¿onde se pode localizar ese artigo ao que te refifres? Interésame saber algo máis sobre a historia do lugar.

  10. paco
    12 / Decembro/ 2006

    saludos: e unha pena que isto ocurra nos nosos dia,despois de gastar millons e millons en publicidade pra promocionar a riveira sagra,con que se encontra o visitante,coma sam paio vai camino de comvertirse o de santa cristina ,ideo a visitar e xa me contaredes.Nom se pode tirar con tanta fermosura como e a da ribeira sacra deixando caer o seu patrimonio artistico,tando privao como publico.!quiseran ter outros a
    mitade!.animo amigo conta ca miña axuda pra que o restauren…………
    uso4@wanadoo.es

  11. Oscar Gonzalez murado
    12 / Decembro/ 2006

    A Magago: O artigo é de Emilio Duro Peña: El monasterio-parroquia de San Payo de Abeleda. Publicado en Anuario de Estudios Medievales 1989. Saudos.

  12. 12 / Decembro/ 2006

    Grazas!

  13. lorena
    24 / Marzo/ 2008

    din que a unión fai a forza, oxalá neste caso sexa verdade. eu teño unha casa a 1km de castro caldelas e ata que o vin na tv na 2 non escoitara nunca falar do monaterio. pregunteille o meu pai por o monumento e supome explicar onde estaba pero non sabía nada máis.e vergonzoso o seu estado tendo en conta o seu importante valor artístico.

  14. 24 / Marzo/ 2008

    Lorena, por sorte está redactándose por fin un plan director para San Paio de Abeleda, e supoño que en pouco tempo xa comezarán as labores de restauración. É unha boa noticia para algo que non debera ter quedado nesa ruína tan absoluta.

  15. Vicky
    3 / Xullo/ 2008

    No sabéis cómo me alegro de que por fin se haga algo con San Paio de Abeleda. Gracias. Me gustaría poder verlo algún día restaurado y en buenas condiciones, y poder dejar en el pasado aquel día en que el que entré en el monasterio y lloré indignada por lo que vi. Gracias de nuevo.

  16. João Paulo Vilaça Garcia
    2 / Outubro/ 2009

    Soy estudiande de Historia del Arte, en la Universidad de Coimbra (Portugal), y estoy haciendo pesquisas en la net, para un trabajo. Me gusta mucho España, su patrimonio artístico y estoy verdaderamente chocado, con el lastimable estado del Monasterio de San Paio de Abeleda.

    joao.paulo.garcia.pt@gmail.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará