A Coruña, 2119


A Coruña, ano 2119. Flood maps.

Casualidades. Onte, leo a catastrofista entrevista a James Lovelock -o autor da teoría de Gaia, e un tipo que sempre me pareceu moi respectábel- en EP[s]:

Dice usted que para 2050 se habrán deshelado los polos y que Londres, entre muchos otros lugares de la Tierra, estará sepultado bajo las aguas.

En efecto, los polos se habrán deshelado totalmente, y puede que antes de esa fecha. En cuanto a las inundaciones, no estoy seguro de si ocurrirán tan pronto. Lo que provocará las inundaciones masivas será el deshielo de los glaciares, y puede que eso tarde un poco más.

Pero en cualquier caso sería lo suficientemente pronto, antes de que se acabe este siglo.
Oh, sí, eso desde luego. Definitivamente, antes de que se acabe este siglo, Londres estará inundado. Y todas las zonas costeras. Imagínese Bangladesh, por ejemplo; el país entero desaparecerá bajo las aguas. Y sus 140 millones de habitantes intentarán desplazarse a otros países… Donde no serán bien recibidos. En todo el mundo habrá muchas guerras y mucha sangre.

E xusto hoxe atópome en Boingboing con este hack de GoogleMaps que interpreta o litoral con sete metros a maiores, tralos grandes desxeos polares. Obviamente, o primeiro que fixen foi ir mirar como quedará a miña vila, para ver onde compensará investir o diñeiro da xubilación. Non me gustou moito o que vin, pero atendendo ao interese xeral, representei aquí a Coruña, que con este xoguete parece ficar tamén moderadamente afectada co cambio climático.

2 Comments

  1. Anónimo
    10 / Maio/ 2006

    catastrofista?
    bueno, se o queres ver asi… pero máis ben é unha estampa do que temos por diante, sen cargar as tintas máis da conta. O que me deu máis medo do asunto é porqué dice lovelock que hai que se replantexar a nuclear: para que os que sobrevivan poidan voltar a levantar a civilización…

    vemonos, en 20xx?

  2. 10 / Maio/ 2006

    Si, coido que máis que catastrofista quería dicir catastrófico :-) É certo que unha gran masa de científicos parecen ter claro que se producirá un cambio climático nun horizonte relativamente próximo, a polémica estará en que volume terá a incidencia. ¿Teremos unha Galicia nor-mediterránea ou magrebí? Esa é a incógnita.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará