Reverte e o pintor de batallas

Comparto con Arturo Pérez-Reverte dúas cousas: a primeira é a concepción do best-seller europeo. A segunda é a afección a buscar e remirar os fondos dos cadros, alí onde están esas insólitas arquitecturas difuminadas e as pequenas figuras secundarias. Alí pódese atopar moitas veces o humor, a verdade do cadro ou a pura intención do artista, encuberta.

Lin estes días El pintor de batallas. Sinceramente gústame máis o Reverte da Carta Esférica ou a Pel do tambor que o da Raíña do Sur. En xeral, coido que é un escritor de tramas e de acción, máis que da introspección nunha personaxe. O pintor de batallas é unha novela de introspección, na que se conta un momento determinado dun fotógrafo retirado dedicado ao fin último de compór un gran cadro circular de batallas. Pero tamén é unha reflexión sobre a guerra, o amor e a retrospectiva vital dende a madurez. Debe haber bastante do propio Reverte por aí. A salvación está ausente, a redención non existe. Personaxes solitarias móvense presas do pasado.

O libro cae ás veces na reiteración: o escritor emprega as fotografías tiradas polo protagonista para viaxar ao pasado, pero o traxecto ás veces faise repetitivo en exceso. Noutras, as frases brillantes agradécense, aínda que se inserten en diálogos pouco críbeis. O tapiz final é unha traxectoria de feitos ausentes, de prendas de roupa que van quedando polo camiño da nosa lectura. E un final certamente intenso.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará