H Magazine

Ás revistas trendy pásalles como ás de coches ou as de mobles. Cómpralas principalmente para ver os anuncios. Na barcelonesa H Magazine os anuncios das marcas adaptadas ao público indie e moderno, xuntándose coa maqueta das páxinas editadas, son unha auténtica pasada visual. Abunda o concepto collage, directamente procedente do apacíbel xardín de infantes que aínda permanece no noso subsconsciente. O resultado desafía e atreve. Pódense descargar os números en PDF.

4 Comments

  1. Anónimo
    20 / Marzo/ 2006

    Bótalle un ollo a abusemagazine.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará