Sketch Up

Sketch Up é unha ferramenta para facer versións tridimensionais de primeiras ideas de arquitectura, interiorismo ou mesmo de infografía. Non precisas saber 3d para comezar a levantar edificios, rúas, etc. Ademais, ten un interesantísimo plugin para facelo compatíbel con Google Earth, e polo tanto, sincronizar a túa infografía cun sistema GIS, entre outras cousas. Persoalmente, penso empregalo para a narración de historias que precisen un contorno espacial para seren contadas.

Ala, xa tes en que encher a fin de semana. :-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará