Un elefante con aire acondicionado incorporado


O plano de sección de Ribart para L’elephant triomphal, grand kiosque a la gloire du roi

En 1758, o arquitecto Charles-François Ribart concebiu este enxendro para o remate dos Campos Elíseos, en París, xusto no sitio no que hoxe se ergue o Arco do Triunfo. Tratábase dun elefante xigantesco, ao que se accedía a partir dunha escada de caracol central, dividido en dependencias internas e cun enxeñoso sistema de refrixeración e drenaxe pensado para levar máis comodamente os estíos parisinos.

Con bo criterio, as autoridades francesas desistiron do proxecto. :-)

Ribart tivo dignos seguidores na Francia postrevolucionaria. Aquí está Jean-Jacques Lequeu, o enigmático:


Lequeu, Jean Jacques (1757-1826). Plan géométral d’un temple in Gallica

In post-Revolution and Napoleon France, Lequeu produced some of the most imaginative landscape and architectural designs, some a masterful combination of the Gothic, the Egyptian, the Greek, the Chinese, and a smattering of hallucinations. However, except for two folies in Rouen, none were ever constructed. He was somewhat of a pornographer as well and at least in his self-portraits, a cross-dresser. As there are too few sources to go by, the screenwriter can easily color his life some more. After all, he did create portraits of nuns bearing their breasts.

Así o definen nun dos máis sorprendentes e interesantes blogs que me teño atopado ultimamente, Pruned, sobre Arquitecturas e Paisaxes Imaxinarias. Paga a pena que pases por aí.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará