máis xornalismo cidadán

Tarde de touros no coso de Osca. Cervera e Javier Monjas e os tertuliáns discuten sobre o xornalismo cidadán. O auditorio anda revolto. Isto non é unha transcrición, senón apuntes tomados ao aire. No proxector do auditorio o público do auditorio chatea complementando o que din os convidados: un formato ben divertido.

Cervera: O control da axenda é tan relevante que existen industrias enteiras –as relacións públicas- dedicadas a iso.

Javier Monjas: non existe xornalismo 3.0 nin xornalismo cidadán. Son visións estalinistas das circunstancias. Un xornal custa 2.000 millóns de pesetas. Un blog custa cero pesetas e faise en tres minutos. Pódense facer blogs con técnicas xornalísticas, na mellor tradición do xornalismo, pero moitos non consideran esa visión. Moitos dos blogs opinan e reinventan a opinión pero non contrastan as súas opinións coa realidade.

Cervera: O xornalismo inventouse para resolver un problema: a carencia de información. Este problema determina que o estándar de éxito na profesión sexa a exclusiva, publicar primeiro a información. Pero este mundo xa non ten carencia de información, tén exceso. Neste novo mundo, non podemos facer xornalismo doutro tipo. Ese outro tipo de xornalismo ten que ser seleccionar fontes sen que estas teñan que ser necesariamente de tanta autoridade ou de xornalistas.

Monjas: Nos atentados de Londres, xa que se fixo un apagón informativo, busquei nos blogs a información alternativa. E a informaión alternativa era unha foto da súa tele na súa habitación.

Cervera: Moitos editores están asustados porque máis do 60% do seu tráfico provén de Google. E non saben que medidas tomar. Seguen pensando no xornalismo tradicional.

Monjas: ¿Pero que entendes por xornalismo tradicional?

Dende o público envían ao frontón do escenario esta ligazón.

Cervera: Este sería un caso da revolución do xornalismo. A foto tirada no metro de Londres convirte ás fontes alternativas en poderosas.

Monjas: Nada diso. En realidade, esas fotos tiradas por cidadáns aparecen dende sempre nos medios. Nos atentados de Londres, unha foto non aporta información alternativa. Eu mesmo publiquei unha foto na portada de El País: había un andamio, merquei unha cámara de mil pesetas e publiquei. Fíxose dende sempre. Hai peristocracia y bloguetariado. El bloguetariado da una información de botellón.

Cervera: Nós non somos intermediarios. Nós non creamos a información. A información está aí fóra. E o pobo, ese pobo ao que recorres como fonte, sabe máis ca ti.

Dende o público, reflectíndose no panel do escenario:

AQUÍ EN EL ALA IZQUIERDA NO NOS DEJAIS HABLAR. ESTO ES UNA OLIGARGUÍA. QUE QUIERO HABLAR, COÑO. :)

One Comment

  1. desiree
    9 / Xaneiro/ 2009

    Que es la peristocracia?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará