apuntamentos sobre Rosental C. Alves

Rosental C. Alves, catedrático Knight da Universidade de Texas at Austin:

Estes primeros dez anos só foron de quentamento. Agora, os xogadores van entrar no campo. O verdadeiro boom de Internet comeza agora con pilares sólidos.

Internet é unha revolución, non un golpe de Estado. Os hábitos sociais non cambian da noite á mañá.

Paul Safo: Os estudos de adopción de novas tecnoloxías falan dun efecto “montaña rusa” e da necesidade dunha xeneración (30 anos) para que a tecnoloxía sexa adoptada.

Na súa primeira década, o xornalismo dixital buscaba a súa identidade, audiencia, linguaxe e modelo de negocio

Diminúese o poder do xornalismo como gatekeeper. O xornalismo está sendo forzado a abandonar o concepto da Revolución industrial, de creación de produtos, para abrazar o concepto de Revolución Dixital, que é o ofrecemento de servizos.

Dunha sociedade dependente (dos medios) movémonos cara unha sociedade dependente e máis activa. Estamos creando unha sociedade baseada no uso de bancos de datos para a busca da información que queremos.

A revolución dixital abre camiño cara unha comunicación eucéntrica. Eu consumo o que EU quero, á hora que EU quero e a hora que eu Quero.

Iso significa a deconstrución dos modelos produtivos tradicionais do xornalismo.

Un dos retos máis importantes é adaptarse a estes novos paradigmas.

Máis de 75 millóns de usuarios en Europa e EEUU empregan RSS pero 50 millóns non o saben.

RSS representa outra ruptura: a dos sitios web de información.

O receptor vólvese emisor. Os blogs deixarán marcas profundas aínda que pase a moda.

É tan perigoso sobrevalorar os blogs que diminuír a súa incidencia. A relevancia dos blogs é que teñen un gran potencial de creación de audiencia a través da diseminación viral.

2 Comments

  1. Anónimo
    2 / Marzo/ 2006

    Juan Castro:

    Certo, Internet é unha revolución, pero creo que tamén é un golpe de estado, voluntario ou involuntario, pero un golpe de estado, un ataque á columna vertebral do sistema de comunicación tradicional.

    Non me refiro a Internet en si mesmo, pero si todo o que representa a nova comunicación viral da que Internet é o Santo Grial.

    O problema (ou quen sabe, a salvación) é que este golpe de estado/revolución vai acabar creando dous enormes sectores. Dous tipos de comunicación: a comunicación activa fronte a pasiva. Porque eu son profundamente optimismta cos valores representados polo movemento blogueiro pero non é menos certo que os medios pasivos tamén se fan cada vez máis forte.
    E iso que chamamos “Fenda dixital” vai acabar neso, nun enorme abismo e enfrontamento, nunha “guerra civil” da comunicación. ¿Resultado? Quizáis o xurdimento do “espect-actor”… Quen sabe…

    Sindicación é unha palabra moi axeitada. Ademais do seu significado “tecnolóxico” representa moi ben o valor de afiliación de quen se sube ó tren dos feed, do xurdimento dunha nova conciencia onde a masa xa non ten por que ser estúpida se os nodos da rede cooperan entre si. É como a mazán de Eva e Adán, quen proba non volve concebir a comunicación como facía antes.

    ¿E que pinta o xornalista en todo isto? Pois aí tamén vai haber enfrontamento, igual que co xornalista honesto/deshonesto de PedroJ.

    Quizais un día se desperte pola mañá e descubra que os valores noticia xa non lle pertenecen, que o auténtico gatekeeper é o usuario que selecciona entre os millóns de feeds ó seu alcance ós que máis lle interesen no seu xornal de papel eléctronico ou na súa PDA holográfica…(vale, aí tireime da moto)
    Entón teremos dúas opcións. Sorrir por que por fin o xornalismo vai polo bo camiño ou deprimirnos polos reinos perdidos…

    PostMortem: Joder, que forma de dogmatizar teño. Como se noto que hai media hora que saín da telegaita

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará