Oviedo

Oviedo sempre foi cidade agradábel, será polo señorío e o parque inglés do seu centro. Gosto desas rúas amplas con pazos do XVIII e edificios burgueses cimentados sobre o banco da mina e a siderurxia. Esta pequena capital adoece, por desgraza, das penas dun casco histórico limpo: a extracción sistemática da plusvalía do turista e visitante. A cidade reacciona á nova cociña cunha certa alegría que serve de pretexto para inflacionar os prezos dos menús con goma a presión. É o caso, por exemplo, de La Gran Taberna, un establecemento con pretensións que camufla unha comida insuficiente e un tanto torpe cuns prezos dignos do parnaso de Michelín. Un servizo insuficiente para atender as mesas, multitude de fallos técnicos de cociña e maridaxes incomprensíbeis provocan unha certa sensación de abandono. A carta, como a de moitos restaurantes do Franco, parece gozar tamén dunha excesiva flexibilidade en función do lugar de consumo.

Menos mal que sempre nos quedará Tierra Astur, sen dúbida o mellor restaurante en relación calidade-prezo de Oviedo e unha auténtica festa da gastronomía tradicional.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará