Juan Durán

O sábado, na Noite da Edición 2005 que convocou a Asociación Galega de Editores, tiven a sorte de escoitar a un compositor contemporáneo que tan só coñecía de nome: Juan Durán. Interpretado polo Grupo Instrumental Século XX, escoitei esa estrea mundial do Divertimento para cuarteto de corda como un pracer oceánico, chea dun humor gozoso e rítmico, co que disfrutei como poucas veces na música clásica, unha especialidade artística para a que, como moitos sabedes, son ben duro de oído e cun granítico sentido dos harmónicos. Durán presentoume unha versión nova, divertida, e penso buscar máis obras del.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará