os nomes das vacas

Dende O ollo da vaca:

(…) velaquí algúns datos curiosos dos nomes das vacas (case 600.000) que ten a base de datos coa que ando esta fin de semana.

nomes máis repetidos

6470 paloma
5850 linda
5787 pinta
5345 blanca
4402 cuca
4185 lucera

(…)

221 vacas nadas a partir de 2002 levan por nome chenoa. o curioso é que, cando empezou a primeira edición de o.t. xa existían rexistradas aquí oito vacas con ese nome. iso é ter visión de futuro.
(…)
trece vacas chámanse “prestige”. seis delas naceron entre novembro de 2002 e febreiro de 2003.

(…)unha vaca que naceu o 16/10/2002 chámase “nunca máis”. tres posibilidades: 1) ten mal a data de nacemento na base de datos, 2) cambiáronlle o nome despois, 3) é de rapel.

hai outra que se chama “nunca máis” pero, esta si naceu en 2003.

151 vacas chámanse “rosalía”.

120 vacas chámanse “novela” e unha só “poesía”! tal e como no sistema editorial.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará