made in china

Por seguir falando de inxustizas, ¿para que fichou TVE á produtora vasca Bainet, autora dese excelente programa de humor que é Made in China? ¿Para executalo os venres á noite despois do humor rancio e gastado de Martes y Trece? ¿Ou terá algunha relación cos problemas legais que ten Televisión Española con Karlos Arguiñano, propietario de Bainet Media?

Onte puideno ver por primeira vez, e gostei desa forma periférica de facer humor, lonxe do chulesco dos graciosos de toda a vida. A xente de Made in China, como a de El Terrat, asume facer o humor para toda a poboación sen complexos nin estraños prexuízos, como alguén que non toma símbolos e persoas demasiado en serio. Como ten que ser o humor.

E para píldora, este pasapalabra de Arias Navarro.

Vía Made in China TV

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará