os dados do reloxeiro

banda

Hoxe presentamos no traballo a edición impresa de Os dados do reloxeiro, a columna de divulgación científica que o investigador e profesor da UDC Xurxo Mariño realizou dende o ano 2002 en culturagalega.org. Non é habitual contar con divulgación científica en galego -aínda que existen exemplos fecundos e de calidade coma o Canal Ciencia-, e especialmente da calidade dos textos de Xurxo Mariño. A mestría de Xurxo en escribir demóstrase en como te vai levando da cotidianeidade, do humor, ata os problemas profundos da ciencia, ata as novas fronteiras da investigación. O libro conta coas divertidas ilustracións de Xosé Lois “O Carrabouxo”, que achega un contrapunto irónico e temperado.

E algo máis: o libro de Xurxo é unha celebración da racionalidade, da intelixencia, de confianza no intelecto humano en tempos nos que se continúa a pretender impór que os coñecementos de maxia puntúen nas escolas pagadas por todos.

Ligazón ao PDF do libro.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará