a rotonda

libroNace A Rotonda . Aínda que non teño nada que ver con este proxecto, ao navegar polas páxinas do sitio, teño unha curiosa sensación de euforia allea. Non só me gusta a filosofía do proxecto, é que me gustan os contidos cos que comezaron. Agardo que A Rotonda atope un bo modelo de negocio, agardo que gañen pasta, agardo que sexa inspiradora de moitos novos contidos. María, unha dos dous promotores, faloume algunha vez da ambición de “traspasar a barreira” dos lectores tradicionais de galego. Ese é o gran obxectivo. E é ben difícil. Pero o triunfo só é das valentes.

Para comezar, xa me baixei o Home Inédito, a novela de Carlos G. Meixide.

Fiquei a durmir con ela no sofá, despois de comer. E iso é un estupendo sinal. Moita sorte, xente!

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará