o impacto de Internet nos medios de comunicación no Estado

cibermedios
Tras dez anos de ciberxornalismo no Estado español, chegou o momento de facer balance. Investigadores de catro universidades -Santiago de Compostela, Navarra, País Vasco e Málaga- xuntámonos para realizar un gran estudo de amplo espectro co obxectivo de radiografar a realidade do xornalismo dixital no Estado español. O libro pódese atopar nas librarías co nome de Cibermedios. El impacto de internet en los medios de comunicación en España (Sevilla: Comunicación Social Ediciones y Publicaciones, 2005) e foi realizado baixo a experta coordinación do profesor Ramón Salaverría (Universidade de Navarra).

Algúns titulares que adapto dende o post de Salaverría:

-Atopamos unha cifra de 1.274 cibermedios activos en xaneiro de 2005. Esta cifra refírese só a publicacións xornalísticas con ISSN ou domicilio social coñecido.

-Deste total de cibermedios, 761 (59,8%) son de información xeral e 513 (40,2%) de información especializada.

-Madrid é a comunidade autónoma con máis cibermedios (279) seguida de Cataluña (206) e Andalucía (125). Galicia ten 45.

-Nos cibermedios de información especializada, os predominantes son claramente os culturais (23.4%) seguidos dos de Lecer e Turismo, Economía e Comunicación e Medios.

– O español é a lingua hexemónica (76.3%), seguido do catalán (11.6%), o euskera (4.5%) e o galego (2.3%).

-Só o 21% dos cibermedios naceron na rede.

Máis info:
Índice, ficha bibliográfica, información detallada
Resumo executivo en Power Point
Introducción (en PDF)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará