things as they are

world press photo

Cúmprense 50 anos dos inicios da World Press Photo. Así que é un pracer achegarse ata o Fotografiemuseum Amsterdam (FOAM) para ver a exhibición conmemorativa, Things as they are. Interesoume moito a mostra: non se trata da retrospectiva das fotos premiadas -basicamente un dramático mostrador da carnicería humana-, senón máis ben de comprender o fotoxornalismo no seu contexto. Polo tanto, a secuencia de salas estrutúrase a través dunha gran división por épocas e concepcións do feito fotográfico no xornalismo, detense na maqueta e na composición, na relación entre imaxe e texto, ou mesmo na análise secuenciada de imaxes. O resultado non só é visíbel, didáctico, senón belo. A análise, fotograma a fotograma, do asasinato de Kennedy; as series de poderosos feitas por Richard Avedon na New Yorker, a choiva de napalm sobre as xunglas vietnamitas; as amputacións africanas; a represión no Ulster; os golpes de Estado en España; os restos dos Beatles; a China de Mao. O mundo do século XX está cheo de fragmentos conxelados no tempo e a contemplación das revistas do pasado é un acto melancólico, de algo que xa non coñecimos máis que a través dunha permanente mediación.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará