donnie darko

donnie

A primeira aposta de verdade polo multimedia no web non veu por parte da televisión ou dos grandes grupos de comunicación, como moitos agardaban. En realidade, foron pioneiros realizadores de curtas independentes, grupos activos de numerosos lugares os que comezaron a xogar de verdade co invento, adaptando a súa narrativa audiovisual á escaseza transmisora dos 56 kbs de módem. A partir de aí, foi a industria do cine a que entrou coma un elefante, da man de Macromedia Flash. As grandes superproduccións dos últimos sete anos non escatimaron recursos en interaccionar imaxe, video, audio e elementos textuais, trasladando o espectáculo á pantalla de forma notábel e ríndose na cara dos escépticos do soporte web. Co tempo, a fascinación convertíuse en rutina e a innovación nunha linguaxe consolidada para masas, ben pouco distinta á que se transmite nos trailers do cine.

Algunhas películas, sen embargo, conseguen rachar esta rutina e pensar nunha web exploratoria, laberíntica, pensada como un camino complementario á película, ou mesmo independente. Non hai moitos exemplares desta especie, pero os que temos brillan pola súa intelixencia e a súa proposta. O inolvidábel Requiem for a dream, que propón unha metaweb ou o sitio oficial que acabo de descubrir, o de Donnie Darko. Esta película, mantra de boa parte dos deseñadores web norteamericanos, dispón dun sitio no que cada detalle ten relevancia para a trama e a historia sobre a que se navega.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará