partida

Last updated on 14 / Agosto/ 2005

Estas son as nosas mochilas, feitas a correr. Este é o principio da viaxe, preparado nas lecturas de antes de deitarse, nos quince minutos do camiño ao traballo, en conversacións apresuradas mentres soa outro teléfono ou chega o rumor doutro conselleiro. As baterías cargadas, unha pracenteira sensación de salto ao escuro, algo de calafríos pola humidade que nos agarda e os ollos ben abertos.

Mañá, 2.300 km ata Glasgow. Durmiremos en New Lanark. E logo, cara o norte, percorrendo unha boa parte de Escocia. Non sei que libro irá á fin comigo para volver sen terse a penas aberto. O resto é alegre ritual anual.

Agosto tamén agasallará con algo de necesario sur, máis adiante.

Vémonos nesta bitácora. E se tedes algún consello para Escocia, aínda estamos a tempo. :-)

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará