pequenos propietarios

Á noitiña, as portas dos pequenos edificios de tres plantas deste barrio énchense de propietarios que van e veñen. Son homes e mulleres aos que xa lles vai faltando pouco para chegar á vellez, ou que acaban de entrar nela. Ergueron o rueiro no alto da cidade, sen abrigo do nordés, buscando os terreos máis baratos nos que rendabilizar os cartiños gañados na emigración londinense. Agora, á noitiña, observan á nova xeración de inquilinos que cruza as aceiras con indisimulado aceno de desconfianza e desprezo. Non din nada e fican calados.

-Desexarían que nesta cidade houbera violencia racial, asasinatos, inseguridade nocturna, roubos, violacións. Todo sería máis doado, encaixaría na súa visión do mundo, tan maniquea -dime Ber- na carnicería o outro día unha muller faloume desta rúa coma un guetto de delincuencia. ¡Deste sitio no que nunca pasa nada! ¿Creránno realmente?

-Nunca se atreverán a dicir o que pensan realmente de nós en público -di Hoiku, coreanoholandés.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará