o céo é confuso

Estes días ando ben liado con cuestións relacionadas coa arqueoloxía aérea. A parte de producir un contido interactivo sobre a cuestión, detéñome naquelo que fica máis próximo a min. Coincidíu coa chegada de Google Earth…dende pequeno, busquei as imaxes borrosas do ‘voo’ que o Exército norteamericano fixo sobre a Península con fins cartográficos nos anos cincuenta e tentei identificar pegadas do pasado naquelas imaxes de relevo. Así que este software resultoume auga de agosto. Sen embargo, a súa facilidade de emprego non exime dun concepto clave na arqueoloxía, o “saber ver”. Despois de bastantes horas de voo pola costa galega e os anaquiños de interior aos que se pode baixar en alta calidade, sorprendinme con este achado dun suposto castro próximo a Santiago:

a

Cal sería a miña sorpresa, cando explorando o cordal de montañas no que se atopaba, dinme de fuciños con outras dúas formacións con murallas repartidas ao longo dos outeiros, e moi próximas a aldeas. Tardei menos dun día en ir visitar o lugar. Unha estrada asfaltada levaba ata alí, e, sorpresa…

a

Aquí podemos ver como os meus parapetos vistos dende o aire se convertían nun descomunal vertedoiro municipal de Ames!! Ríndome de min mesmo, retornei pola estrada e busquei o segundo castro, que resultou ser unicamente unha depresión no alto do cordal. E xa deprimido, precisamente, seguimos ata o terceiro. Aquí o monte de toxo superaba a altura das nosas cabezas. Con moito sufrimento, chegamos ata a suposta muralla, no alto dun lugar de vistas espectaculares. Estupendo: era unha canteira do XIX.

Como non hai mal que por ven non veña, a toxosa experiencia valeume para diferenciar murallas e depresións de terreo, a través da comparación de castros (reais) con a miña desgrazada experiencia persoal.

3 Comments

  1. Anónimo
    17 / Novembro/ 2005

    Hola, chámome Xusto Sierra.
    Lín con moito ledicia a túa nota sobre a arqueoloxía aérea “fallida”. Digo ledicia porque dende hai anos comparto contigo aficións e experiencias malas, aunque estas se compensen con creces coas boas.
    Dende hai meses ando percurando imaxes aéreas de castros, e teño especial interese nas fotos americanas, xa que nos axudan a ver cómo se degradou o conxunto de xacementos castrexos nas últimas décadas. Trato de buscar fotos de castros en Sixpac a Google Earth, e despois marcar as posicións en mapas de escala 1:25.000 para, despois, tratar de face-las miñas fotos panorámicas dos asentamentos.
    Se che interesa comentar experiencias, podes enviar un mail a justosierrarey@yahoo.es.
    Saúdos.

  2. Antón
    22 / Febreiro/ 2007

    pois segue buscando porque en Ames hai moitos castros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará