primicias

Aos xornalistas das seccións Galicia dos medios impresos estes son días de despedidas a medianoite, pizza de encargo e moitas chamadas intoxicantes: sen embargo, La Voz de Galicia deu o golpe de gracia, abrindo a edición hoxe coa decisión do pacto e varrendo as indagacións do resto. O acordo debeu ser tomado in extremis da noite do sábado, porque non puideron desprazar o A Fondo -que adican ás infraestruturas- e relegan a composición do novo goberno á páxina 6. A ausencia dunha nómina clara de nomes apunta, quizais, a que se cadra aínda haxa máis cabos sen atar do que parece e a filtración faga tamén funcións de globo sonda. O BNG parece saír, ao meu ver, claramente beneficiado do acordo e, se cadra, sexa iso o que se queira testear. Luns ou martes serán días decisivos.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará