as retortas do eo

En Galicia os ríos discorren de xeito pacífico: nada do estourido das fouces do centro da Península Ibérica nin das precipicios pirenaicos. Só algúns, coma o Xallas, zafan do xeriátrico acuático. Pero no concello de Baleira, na estrada entre Lugo e A Fonsagrada, hai unha excepción: as Retortas do Eo. Chégase a elas indo ata a área de recreo da Cortevella. Dende o alto dun penedo podemos observar a curiosidade: a auga choca contra a pedra e o río comeza a ir de diante cara atrás, a dar viravoltas, ata que chega un momento no que se contradi a si mesmo.

Baleira é unha terra de vales pechados, montañas redondas e mundo bastante oriental -isto é, para a miña ollada costeira: carballos a mancheas e unha certa sensación do tempo detido xordida dos meus tópicos sobre a Galicia interior procedentes das lecturas da infancia. Paga a pena moverse polos soutos que disque forman a Fraga da Marronda, aínda que son un tanto confusos.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará