Unha nova etapa

Last updated on 14 / Xullo/ 2005

Si, si, este é Capítulo 0. Chegaches ben!

Aproveito o verán para unha nova etapa. Todos estes cambios son os seguintes:

a) Mudei o meu editor de blog, de Movable Type a WordPress. Varias razóns sinxeliñas: Movable Type pasou a licenza privada e, ademais, atascouse na súa evolución. WordPress segue sendo licenza libre, cousa coa que estou moi de acordo. Medra moi rápido e a súa ferramenta de xestión é especialmente boa.

b)…e ten maquetas máis chulas cunha comunidade global de interesados/as. A que vedes está feita por Patricia Muller.

c) Creei as categorías, algunhas delas baixo petición dalgúns de vós: Diario (en xeral); Ligazóns (apontamentos URL sobre lugares interesantes); Paparota & Co (sobre recomendacións gastronómicas); Roteiros (sobre viaxes) e Tendencias en Deseño (uso profesional, que xa empregaba como almacén de ligazóns ao que acudir). A idea é ir recategorizando, pouquiño a pouco, os 630 posts que levo aquí de acordo co novo etiquetado…

d) Metinlle a publicidade de Google Ad Sense. A idea é experimentar para ver como funciona este programa publicitario e, de paso, axudar a pagar os 200 euriños ao ano que me vén saíndo o hosting. Probei ámbalas dúas: a publicidade contextual e as buscas con maior número de publicidade na zona superior. Quero coñecer como Google relaciona palabras con anuncios. Irei tamén probando ubicacións, formatos, todo iso.

Agardo que vos guste o cambio!.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará