| |
(Palmeira
-Ribeira-, 1976, ou tamén Pobra do Caramiñal, no mesmo
ano)
Xornalista. Na actualidade son director de culturagalega.org,
o portal de divulgación cultural do Consello
da Cultura Galega, dende a súa fundación en outubro
do 2.000. Tamén son profesor asociado na Facultade
de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago.
Culturagalega.org:
O tratamento innovador da información cultural fíxolle
merecente en febreiro do 2001 o premio "Nuevos Lenguajes del
Periodismo" na súa categoría de medios dixitais
convocado pola Fundación Coca-Cola España fronte a
espacios con moitos máis recursos económicos, humanos
e publicitarios coma Antena 3 TV ou edición dixital de El
Mundo. Ao mesmo tempo, no mesmo ano 2001 culturagalega.org ficaba
situado entre os dez mellores sitios culturais do Estado español
nos Premios iBest, de recoñecida sona internacional.
Desenvolvo o meu traballo de investigación universitaria
no Grupo de Novos Medios da Facultade de CC. da Comunicación
da Universidade de Santiago de Compostela (Galicia) -onde tamén
me licenciei. Na actualidade preparo a miña tese de doutoramento
sobre a evolución dos xéneros xornalísticos
nos cibermedios. Teño participado na redacción de
varios volumes sobre xornalismo electrónico e diagnoses sobre
o sector da información en Internet en Galicia e no Estado.
Ao mesmo tempo,
como deseñador ou arquitecto da información, ou na
dirección de proxecto, teño participado na elaboración
de diferentes medios de comunicación en Internet, prototipos
ou productos multimedia en CD-Rom.
Son fanático da literatura, a arqueoloxía, as boas
viaxes, a boa mesa e a mellor música.
|